Skip to Content

Coro: Representación do coro infantil no certame Ourencanto

Unha representación do noso alumnado de coro viaxará a Ourense os vindeiros días 27 e 28 de abril para participar no certame Ourencanto. Alí aprenderán xunto a un dos directores con máis prestixio a nivel europeo na dirección de coros infantís: Josu Elberdin. Xunto a outros centos de nenos e nenas representarán un conto musical chamado "Tiempo" (deixamos o vídeo do conto do ano pasado) e outras tres cancións xunto ao resto de participantes nas modalidades de voces brancas e coros mixtos. O noso agradecemento a todas as familias que farán posible a nosa presenza alí!



blog | by Dr. Radut