Blogues

HAPPY WOMEN'S DAY 2022

XA TEMOS LOGO PARA SECCIÓNS BILINGÜES

 

 

 

Xa temos logo si. E tamén temos premiada.

Fixemos unha pequena presentación da entrega de premios: o premio da gañadora e os premios de consolación do e das participantes. Agradecémoslles moito a ilusión coa que participaron.

Tamén queremos agradecer a labor do xurado, por levar a cabo o proceso de selección de logo. Moitas grazas a Almudena e Mari Iglesias. Segundo elas mesmas comentaron, non o tiveron nada fácil, xa que todos os logos presentados son dignos de mención.

Ao evento asistiu unha representante británica (dalgún xeito :) ).

 

Un saúdo,

Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües. 

 

 

PANSIES FOR ROSALÍA

XESTIÓN DE RESIDUOS

A rapazada de 2º e 6º participou nunha acividade de xestión de residuos, na cal primeiro tiveron unha explicación teórica do funcionamento da xestión de residuos e unha segunda parte na cal levaron a cabo unha parte práctica a través de xogos nos que as alumnas e alumnos tiñan que clasificar os residuos nos diferentes colectores

O final da actividade, o alumnado recibiu como agasallo un lápiz con sementes para poder plantar e colaborar coa mellora do medio ambiente. Cada clase recibiu tamen por parte de ENERGAL, un bulbo de tulipán para poder plantar e ver a súa evolución.

Foi moi divertido!!!

 

Merry Christmas and Happy New Year :)

Estimado alumnado e familias,

O Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües queremos desexarvos un Nadal máxico, cheo de felicidade e de bos momentos compartidos con familia e amizades.

 

Separadores Navideños para la Comunidad de Steemit — Steemit

 

Queremos felicitarvos estas datas co seguinte vídeo:

https://drive.google.com/file/d/17Ua_f1GTxGbQ-px_-xMILT8QRLVX6hDy/view?usp=sharing

 

Teacher Lucía     Teacher José Luis    Teacher Sara    Teacher Jianne    Teacher Mari 

 

 

 

 

 

Póster de presentación para o colexio de intercambio e primeiro contacto virtual

O prometido é débeda, achegamos o enlace para que poidades ver o traballo realizado por todo o alumnado do colexio, un póster dixital para darnos a coñecer un pouco máis ao colexio de intercambio.

Os de E.I e 1º e 2º de E.P, foron os encargados de lles mandar palabras e mensaxes de benvida, con todo agarimo.

O alumnado de 3º foi o encargado de lles felicitar o Nadal con tarxetas cheas de cores, fantasía e boas intencións.

O alumnado de 4º deu o seu toque musical cunha Christmas carol, da cantante australiana Sia, non hai máis que oílos para darse conta das ganas que lle botaron.

Os de 5º, asumiron a tarefa de entrevistar a Jianne (a nosa auxiliar de conversa) que tamén forma parte do proxecto e colabora como a que máis.

O alumnado de 6º foi o encargado de preparar unha presentación para que coñezan mellor o noso colexio, convertíndose en anfitróns e anfitroas virtuais. 

Aproveitamos para comentar tamén que, o alumnado de 6º de EP, xa tivo un primeiro encontro virtual con alumnado do Cañada Blanch School (tamén de 6º). A curiosidade foi a protagonista do encontro, os/as estudantes de ambos países querían saber que cousas tiñan en común e cales eran as diferenzas na súa vida escolar. Todas e todos gozaron dunha charla que se lles fixo curta, charla que dará lugar a outra actividade para compartir.

 

Esperamos que vos guste.

Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües

 

Programa de Intercambios Escolares EduExchanges

 

Como xa vos indicamos por correo, este curso solicitamos a participación no programa de Intercambios Escolares EduExchanges 2021/2022, intercambio en liña xa que nestes momentos non poden ser doutro xeito. O centro co que imos a desenvolver a actividade é o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres (Vicente Cañada Blanch Spanish School), colexio multilingüe e o intercambio será en lingua inglesa.

 

http://vicentecanadablanch.educalab.es/home

 

 

Queremos implicar a todo o alumnado do centro, dun xeito ou doutro. Todo o profesorado de Lingua Inglesa traballamos para que esta participación se leve a cabo, colaborando en distintas actividades de modo conxunto.

En breve, teredes noticias das primeiras actividades que estamos a desenvolver.

 

Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües

 

"SECCIÓNS BILINGÜES" LOGO CONTEST

WE ENCOURAGE YOU TO PARTICIPATE!!

THE BALLOT BOX IS NEXT TO SANDRA'S OFFICE, AT THE MAIN ENTRANCE

 

   

 

THIS IS THE LINK TO THE RULES:

https://drive.google.com/file/d/1b-xbHWIet3PDm_9iRDBjgVjTTX2XNBUf/view?usp=sharing

 

EQUIPO DE SECCIÓNS BILINGÜES  ;)

 

 

Dumating si Jianne Marie, ang aming katulong sa pag-uusap

Noticias De última Hora,Periódico,Una Fotografía De Stock png imagenes

 

Dumating si Jianne Marie, ang aming katulong sa pag-uusap, traducido do tagalo: chegou Jianne Marie, a nosa axiliar de conversa (our language assistant). Chegou o pasado 4 de outubro.

Se premedes abaixo sobre THE PHILIPPINES, accederedes a unha presentación que preparou Jianne para lles falar de Filipinas.

ENJOY IT!!

 

THE PHILIPPINES

 

[It's More Fun in the Philippines (Tourism Philippines) - https://philippines.travel/safetrip]

 

26th September - European Day of Languages

Cada 26 de setembro celébrase a diversidade lingüística de Europa, ademais da riqueza e variedade cultural da que disfrutamos.

O profesorado do departamento de Inglés, decidimos celebralo decorando diversos recunchos do centro con banner flags, bandeirolas feitas polo noso alumnado de Educación Infantil e Primaria. Nelas pódense ler palabras como ola, amigo-a e diversidade en distintos idiomas.

 

 

 

Distribuir contido