Secretaría, Admisión, Libros de texto, Formularios

LISTAXES DEFINITIVAS FONDOLIBROS, AXUDASLIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL

 

Listaxes DEFINITIVAS de solicitudes admitidas de FONDOLIBROS. Na listaxe xa se indican os libros que se entregarán en setembro a cada neno/a con cargo ao Fondolibros.

Se solicitaron libros do banco de préstamos do colexio, deben poñerse en contacto co centro do 11 ao 14 de xullo para que lles indiquemos os libros que lles adxudicamos.

 

Se a súa solicitude de Axudas para libros (1º e 2º de Primaria) e/ou Axudas para material escolar (1º ,2º ,3º ,4º ,5º e 6º de Primaria) foi amitida  LEMBRÁMOSLLES QUE PODEN RECOLLER OS VALES DO 11 AO 14 DE XULLO. Deberán recollelos os proxenitores ou persoa debidamente autorizada.  

 

LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS, AXUDASLIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL

ALUMNADO EXCLUÍDO POR FALTA DE DOCUMENTACIÓN. (1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA)

 

ALUMNADO ADMITIDO EN AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO  (1º E 2º DE PRIMARIA)

ALUMNADO EXCLUÍDO EN AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO POR SUPERAR O UMBRAL DA RENDA  

 

ALUMNADO ADMITIDO EN FONDO LIBROS  (3º E 4º DE PRIMARIA)

 

ALUMNADO ADMITIDO EN AXUDAS PARA MATERIAL  (1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA)

ALUMNADO EXCLUÍDO EN AXUDAS PARA MATERIAL  POR SUPERAR O UMBRAL DA RENDA 

 

PODEN PASAR A RECOLLER OS VALES DO 11 AO 15 DE XULLO. Deben recollelos os proxenitores ou persoa debidamente autorizada.

 

Poden facer reclamacións nos 2 días seguintes á publicación das listaxes privisionais (días 5 e 6 de xullo)

 

MATRÍCULA CURSO 2017/18

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se non a formalizan, perderán a praza.

DOCUMENTACIÓN  necesaria para a matrícula:

  • Solicitude acordo co Anexo III-1 da Orde do 12 de marzo de 2013.
  • 3 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores/titores

Ademais deben cubrir os seguintes documentos:

No caso de que o seu fillo/a deba ser incluído no Programa “Alerta Escolar 061” deben cubrir o seguinte impreso:

Se van usar o Aparcadoiro de Xoan XXIII, deben selar no Colexio a solicitude e entregala despois nas oficinas do Aparcadoiro.

  • Solicitude uso Aparcadoiro.

 NOTA: PODEN DESCARGAR OS DITOS DOCUMENTOS NOS ARQUIVOS ADXUNTOS OU RECOLLER UNHA COPIA DESTES DOCUMENTOS NO COLEXIO.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (DOG do 22 de maio de 2017)

 

A Consellería ven de publicar a Orde do 16 de maio de 2017  (DOG 22 de maio) pola que se regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O alumnado matriculado en cursos incluídos no E-DIXGAL no curso 2017/18 está excluído da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para material escolar e á establecida para alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar.

Contía das axudas:

Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €

6 libros

Alumnado con renda per cápita familiar entre 5.400 € e 9000 €

4 libros

Alumnado tutela Xunta ou discapacidade superior ao 65%

6 libros

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2017/18.

Contía das axudas:

Renda per cápita igual ou inferior a 5400€

170€

Renda per cápita superior a 5400€ e inferior a 9000€

90€

Para o alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

250€ con independencia da renda.

Para o alumnado en situación de garda ou tutela da xunta

contía máxima con independencia da renda.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR  : alumando matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda per cápita igual ou inferior a 5400€.

 
   

 Contía das axudas

A contía da axuda será 50€.

 

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2017/18. Pódese presentar ata o día 23 de xuño (este incluído).

 

Prazos

Ø  Entrega de solicitudes:                                 ata 23 de xuño

Ø  Entrega de libros curso 2016/17                  ata 23 de xuño

Ø  Prazo para gravar solicitudes                       ata o 3 de xullo

Ø  Publicación listaxes provisionais                    4 de xullo

Ø  Prazo para gravar reclamacións                   10 de xullo

Ø  Publicación das listaxes definitivas               11 de xullo

 

Nota: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2017/18, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso actual.

 

Poden descargar a solicitude e consultar toda a información nos arquivos adxuntos.

 

Admisión de novo alumnado: INFORMACIÓN XERAL

 

TODAS AS SOLICITUDE PRESENTADAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL, ESTÁN ADMITIDAS POSTO QUE O NÚMERO DE VACANTES É IGUAL OU SUPERIOR AO NÚMERO DE SOLICITUDES.

AQUELAS FAMILIAS QUE SOLICITARON PRAZA PARA EDUCACIÓN PRIMARIA, dada a insuficiencia de postos dispoñibles, terán 10 días hábiles para presentar, se non o fixeron, a documentación xustificativa dos criterios do baremo alegados.

 

 

Calendario de actuacións

  • Xornadas de portas abertas 

 

 

 

LISTAXE DE VACANTES CURSO 2023/2024

NIVEL

VACANTES

RESERVA

TOTAL

Solicitudes presentadas

4º E.I (3 anos)

34

  6*

40

32

5º E.I (4 anos)

18

0

18

1

6º E.I (5 anos)

2

0

2

2

1º E. Primaria

0

  3*

3

 

2º E. Primaria

0

0

0

 

3º E. Primaria

0

0

0

2

4º E. Primaria

0

0

0

 

5º E. Primaria

0

0

0

 1

6º E. Primaria

1

0

1

 

 

*De acordo coa normativa vixente reservaranse 3 prazas por unidade do total das vacantes previstas para atender a escolarización de alumnado con neae (necesidades especificas de apoio educativo). Para o vindeiro curso reservaranse 6 prazas en 4º de Ed. Infantil e 3 en 1º de Ed. Primaria.  As devanditas prazas non adxudicadas, asignaranse dentro do procedemento ordinario de admisión e, se é o caso, no subsidiario.

 

  •  Do 1 ao 20 de marzo- Presentación de solicitude de admisión

Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II (ED550B) preferentemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado que estará dispoñible na aplicación informática admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente poderase presentar presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar.

A partir do 1 de marzo, poden recoller o formulario en papel no colexio. O horario de secretaría do CEIP López Ferreiro é de luns a venres de 09:00 a 14:45h e os martes tamén de 16:30 a 18:30h.

Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos dispoñibles, abrirase un prazo de 10 días hábiles para presentar presencialmente no centro a documentación xustificativa dos criterios alegados.

 

  • 25 de abril - Publicación das LISTAXES PROVISONAIS de alumnado ADMITIDO e NON ADMITIDO.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles para presentar reclamacións.

 

  • 15 de maio - Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS e NON ADMITIDOS/AS.

Prazo de interposición de recurso de alzada ante o Xefe Territorial: 1 mes.

 

  • Do 20 ao 30 de xuño - Formalización de matrícula do alumnado admitido.

 

PODEN CONSULTAR MÁIS INFORMACIÓN NOS ARQUIVOS ADXUNTOS: información sobre o proceso de admisión, información sobre o centro e a ANPA, tríptico informativo, criterios do baremo, rúas do CEIP López Ferreiro

O criterio complementario do centro outórgase por "domicilio familiar ou lugar de traballo dos pais ou titores legais na área de influencia do centro".  

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25: portas abertas

As xornadas de portas abertas para coñecer o CEIP López Ferreiro, serán o 21 de febreiro.

Pódese elixir entre dúas quendas:

- Ás 9:30 h, con entrada por Xoán XXIII.

Quen acuda a esta hora, poderá comprobar como se acolle ao alumnado (especialmente de educación infantil) e a subida ás aulas. Logo, faremos un percorrido polas instalacións e detallaremos algúns aspectos das características, metodoloxías e programas que se desenvolven no noso centro.

Ás 17:00 h, con entrada pola rúa Xasmíns.
Quen veña nesta franxa horaria, observará algunha das actividades extraescolares que se organizan. A continuación, realizaremos a presentación do centro seguindo o mesmo esquema que pola mañá.

Agardámosvos!

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23

O PRAZO de presentación vai do 19 de maio ao 22 de xuño.

A SOLICITUDE será única para todos os alumos/as matriculados/as nun mesmo centro educativo o vindeiro curso (salvo que se tramite pola sede electrónica donde haberá que facer unha solicitude por cada alumno/a) e poderá cumprimentarse:

  •  De xeito manual, solicitando o modelo na secretaría do centro ou imprimindo o modelo pinchando neste enlace.
  • Na Aplicación Fondolibros, e realizando a presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente no colexio

Poderán solicitar:

  • Axudas para material escolar (de 1º a 6º de Educación Primaria)
  • Axudas para libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria)
  • Participar no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de Educación Primaria). O alumnado de 5º e 6º do noso centro non pode optar ás axudas para libros por pertencer ao Proxecto E-dixgal (si poden solicitar as axudas para material escolar).

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS - ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Este curso celebraremos tres xornadas de portas abertas para que as familias poidan coñecer o noso centro:

- XORNADA VIRTUAL: o xoves 24 de febreiro ás 10:00h. Non é preciso inscribirse, uns días antes poñeremos na web o enlace para acceder.

 - XORNADAS PRESENCIAIS:  o mércores 23 e o xoves 24 de febreiro ás 17:00h.  Aquelas persoas interesadas en acudir (un representante por neno/a), deberán enviar un correo electrónico a ceip.lopez.ferreiro@edu.xunta.gal indicando o nome de quen queira asistir e o día que desexa. Responderáselles a ese correo indicando se teñen ou  non praza , pois haberá un máximo de 20 persoas por sesión.

Pinchando nos enlaces poden ver unha breve presentación do Colexio e da ANPA:

- Presentación do colexio

- Presentación da ANPA

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:







Distribuir contido