ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25: portas abertas

As xornadas de portas abertas para coñecer o CEIP López Ferreiro, serán o 21 de febreiro.

Pódese elixir entre dúas quendas:

- Ás 9:30 h, con entrada por Xoán XXIII.

Quen acuda a esta hora, poderá comprobar como se acolle ao alumnado (especialmente de educación infantil) e a subida ás aulas. Logo, faremos un percorrido polas instalacións e detallaremos algúns aspectos das características, metodoloxías e programas que se desenvolven no noso centro.

Ás 17:00 h, con entrada pola rúa Xasmíns.
Quen veña nesta franxa horaria, observará algunha das actividades extraescolares que se organizan. A continuación, realizaremos a presentación do centro seguindo o mesmo esquema que pola mañá.

Agardámosvos!