Secretaría, Admisión, Libros de texto, Formularios

RESERVA DE PRAZA (CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE ESTEA ADSCRITO).

O CEIP de Prácticas López Ferreiro está adscrito ao IES XELMIREZ I e ao IES XELMIREZ II.           
 
O alumnado que pretenda continuar estudos o vindeiro ano nun dos centros de adscrición deste colexio, para reservar praza nel, deberá presentar na secretaría do CEIP López Ferreiro o formulario ED550A. Tamén poderá facer a reserva de praza, telematicamente, a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) .

Unha vez cuberta a solicitude, lembre que debe dirixirse coa solicitude impresa ao centro no que seu fillo ou filla cursa estudos. Como novidade, este ano por primeira vez tamén poderá presentarse na SEDE ELECTRÓNICA.   
 
O prazo de presentación vai do 1 ao 15 de febreiro de 2018.         
 
Se os/as alumnos/as van solicitar praza noutro centro non adscrito ao CEIP López Ferreiro, deberán facelo durante o período ordinario de admisión do 1 ao 20 de marzo.   
 
Lembrade que do 20 ao 30 de xuño, o alumnado terá que formalizar a matrícula no centro de adscrición.

Listaxes PROVISIONAIS por aula do alumnado de 1º, 3º e 5º de Educación Primaria

 

Pinchando AQUÍ  ou descargando o arquivo adxunto poden ver as listaxes provisionais de alumnos/as por aula correspondenes a 1º, 3º e 5º de Primaria.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2017/2018

Nos arquivos adxuntos poderán consultar as listaxes definitivas de alumnado admitido para o vindeiro curso 2017/2018.

Non esquezan que o PERÍODO DE MATRÍCULA abrangue dende o 20 ao 30 de xuño (ambas as datas incluídas) e que teñen a REUNIÓN DO PLANO DE ACOLLIDA DO ALUMNADO NOVO o 28 de xuño ás 11h.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2017/2018

Nos arquivos adxuntos poderán consultar as listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso 2017/2018.

Lembren que poden formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte da súa publicación.

As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

Procedemento de ADMISIÓN para o curso 2017/18

Desde o día 1 ata o 20 de marzo, ambos os días inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso 2017/2018 (regulado polo Decreto 254/2012, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017).

 

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://formularios.xunta.gal/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=ED&procedimiento=550B&version=0.0&idioma=gl_ES ), na aplicación  admisionalumnado, na nosa páxina web como adxunto e tamén será entregado no colexio.

 

Lembramos que as xornadas de portas abertas do noso centro serán o martes 7 de marzo ás 17:30h e o venres 10 de marzo ás 10:30h.

 

Vacantes do centro para o curso 2017/18

          4º Ed. Infantil ------- 50 *

          5º Ed. Infantil ------- 0

          6º Ed. Infantil ------- 1

          1º Ed. Primaria ------ 7 *

          2º Ed. Primaria ------ 4

          3º Ed. Primaria ------ 0                 * reservanse as prazas correspondentes para alumnado

          4º Ed. Primaria ------ 3                    con necesidades educativas especiais.

          5º Ed. Primaria ------ 0

          6º Ed. Primaria ------ 0

 

Documentación informativa do proceso de admisión (poden descargala nos arquivos anexos):

 

  • Orde do 12 de marzo de 2013 con modificacións 2017
  • Modelo de solicitude
  • Zona de escolarización
  • Calendario de actuacións
  • Información varia sobre o colexio
  • Normas do centro para Educación Infantil
  • Normas do centro para Educación Primaria
  • Outros documentos de recollida de datos

 

 

Esta e outra información tamén poden consultala nos taboleiros de anuncios do colexio.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2017-2018

O pasado 1 de febreiro publicouse no DOG a Orde que regula o procedemento de admisión e matriculación do alumnado  de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2017- 2018.

 

O prazo de admisión nun novo centro abranguerá do 1 ao 20 de marzo.

 

·         As solicitudes de admisión para o curso 2017-2018, poderán realizarse a través de Internet, mediante a aplicación de xestión do proceso "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou ben entregando o formulario presencialmente no noso colexio.

·         O formulario normalizado estará  dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación admisionalumnado, na nosa páxina web como adxunto e tamén será entregado nos centros docentes.

·         Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de DNI, domicilio fiscal, renda anual, condición de familia numerosa, discapacidade do alumnado/proxenitores/titores ou irmáns.

·         Cando a familia se opoña a que a Administración consulte os datos, deberán indicalo no cadro correspondente do formulario e achegar os documentos que acrediten calquera destas circunstancias.

Para que as persoas interesadas poidan coñecer o noso centro realizaranse dúas xornadas de portas abertas para que poidades coñecer o centro, a liña de traballo, as instalacións e preguntar tódalas dúbidas que teñades.

As xornadas de portas abertas serán o martes 07 de marzo ás 17:30h e o venres 10 de marzo ás 10:30h.

 

NORMATIVA:

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Anexo II: Documento de solicitude de admisión.

LIBROS_CURSO 16-17

No adxunto vai a relación de libros de texto para o curso 16-17

MATRÍCULA_16-17

PRAZO DE MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO

Tódolos admitidos neste centro teñen que presentar no devandito prazo a documentación que se achega nos arquivos adxuntos e:

- 3 Fotos tamaño carné

- Fotocopia da cartilla sanitaria

- Fotocopia do DNI da nai e do pai ou da persoa tutora (necesaria para a correcta introdución dos datos en Xade)

O 28 DE XUÑO ÁS 11 h REUNIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO

É  MOI IMPORTANTE A ASISTENCIA POIS TRATARANSE TEMAS DE RELEVANCIA CARA AO PRÓXIMO CURSO 

 

ADMISIÓN 16-17_LISTAXES DEFINITIVAS

No arquivo adxunto poden consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2016-17.

ADMISIÓN 16-17_LISTAXES PROVISORIAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Nos adxuntos van as listaxes provisorias de admitidos e non admitidos dos diferentes cursos.

O prazo para presentar reclamacións ou recurso é 27, 28 e 29 de abril, 2 e 3 de maio. 

Distribuir contido