Secretaría, Admisión, Libros de texto, Formularios

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS - ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Este curso celebraremos tres xornadas de portas abertas para que as familias poidan coñecer o noso centro:

- XORNADA VIRTUAL: o xoves 24 de febreiro ás 10:00h. Non é preciso inscribirse, uns días antes poñeremos na web o enlace para acceder.

 - XORNADAS PRESENCIAIS:  o mércores 23 e o xoves 24 de febreiro ás 17:00h.  Aquelas persoas interesadas en acudir (un representante por neno/a), deberán enviar un correo electrónico a ceip.lopez.ferreiro@edu.xunta.gal indicando o nome de quen queira asistir e o día que desexa. Responderáselles a ese correo indicando se teñen ou  non praza , pois haberá un máximo de 20 persoas por sesión.

Pinchando nos enlaces poden ver unha breve presentación do Colexio e da ANPA:

- Presentación do colexio

- Presentación da ANPA

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:







ADMISION DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22

 

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO 

SOLICITUDES E HORARIO DE SECRETARÍA

DATOS DA SOLICITUDE A TER EN CONTA

DATOS DO CENTRO E DO  PROCESO DE ADMISIÓN

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO 

SOLICITUDES E HORARIO DE SECRETARÍA 

DATOS DA SOLICITUDE A TER EN CONTA 

DATOS DO CENTRO E DO PROCESO DE ADMISIÓN 

ALGUNHAS IMAXES DO CENTRO

 

 

 

 

 OUTRA DOCUMENTACIÓN (pódese entregar coa admisión ou no momento de formalizar a matrícula) 

  PODEN CONSULTAR AQUÍ MÁIS INFORMACIÓN

 - Proxecto Educativo do Centro                            - Rúas da área de influencia                - Criterios do Baremo e criterio complementario do centro

- Actividades da Biblioteca                                     - Centros limítrofes                           - Calendario de actuacións

 

MATRÍCULA DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

                                                                        DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA A MATRÍCULA:

                                                         •    Solicitude – Anexo III-1

                                                         •    3 fotografías tamaño carné

                                                         •    Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a

                                                         •    Fotocopia do libro de vacinas

                                                         •    Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)

                                                         •    Fotocopia do DNI dos proxenitores.

                                                                        IMPRESOS QUE DEBEN CUBRIR (enviáronse por correo electrónico ás familias do alumnado admitido):

                                                         •    Autorización de saídas

                                                         •    Autorización uso da imaxe

                                                         •    Ficha informativa para Educación Física

                                                         •    Enquisa sobre a lingua do alumnado

                                                         •    Autorización para a retirada do alumno/a.

                                                           Se non os entregaron coa solicitude de admisión, tamén deben cubrir:

                                                         •    Ficha de datos persoais

                                                         •    Solicitude relixión/atención educativa

                                                         •    Aceptación das normas de Educación Infantil

                                     No caso de que o seu fillo/a deba ser incluído no Programa “Alerta Escolar 061” deben cubrir tamén o seguinte impreso:

                                                •      Inclusión no Programa “Alerta Escolar 061”. Este documento virá acompañado dun informe médico.

                                     Se van usar o Aparcadoiro de Xoán XXIII, deben pedir no Colexio a solicitude e despois entregala selada nas oficinas do Aparcadoiro.

                                                •      Solicitude uso Aparcadoiro.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 Informámoslles que dende o día 20 de maio e ata o 19 de xuño de 2020 está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e de solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Pode consultarse toda a información ao respecto na Orde do 12 de maio de 2020 (DOG 19/05/2020).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "fondolibros" e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Tamén se poderá presentar o Anexo I e II co resto da documentación necesaria presencialmente na secretaría do centro en horario de 09:30 a 13:00 horas.

 A solicitude pode descargarse no seguinte enlace: Anexo I e II; tamén está dispoñible no portal educativo (http://www.edu.xuntal.gal), nas dependencias da xefatura territorial de educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal. Tamén podedes recoller unha copia no centro.

 O alumnado de 6º curso deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtido praza para o curso 2020/2021

 Ante calquera dúbida ou consulta, póñanse en contacto connosco, a través do teléfono do centro

 

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Establécense os seguintes prazos:

·        

       PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  

                  do 11 ao 18 de maio (ambos incluídos)

·         PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN DO BAREMO:

                  ata o 26 de maio

·         LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS: 

                  antes do 9 de xuño

·         LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS: 

                  antes do 26 de xuño

·         FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

                  do 1 ao 10 de xullo

O HORARIO DE ENTREGA DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN SERÁ

DE LUNS A VENRES DE 9:30 a 14:30h.

 

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

En virtude das instrucións en relación do COVID-19, AMPLÍASE provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

                               LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO

*  DECRETO 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes…

*  Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado )

*  Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013

*  Instrucións da D.X de Centros e Recursos Humanos sobre o procedemento de admisión para o curso 2020-21

* Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates

*  Resultado del sorteo

 

SOLICITUDES

 

      Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

 

           a.       Recollerse e presentala asinada no centro (Anexo II)

           b.      Cumprimentarse na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e presentala asinada de xeito manual no centro.

c.      Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. Para isto deben dispoñer de certificado dixital ou chave 365.

 

DATOS A TER EN CONTA

 

    * A solicitude de admisión presentarase no centro indicado en primeiro lugar e poderá conter ata 6 centros por orde de preferencia.

   * A solicitude será única e terá carácter vinculante.

  * A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titularesagás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.    

  * A solicitude dun posto escolar reservado a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) deberá acompañarse da documentación xustificativa para o seu cotexo polo centro educativa.

 

 As solicitudes virán acompañadas de:

     o    Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta automatizada.

         o    Copia do DNI ou libro de familia onde apareza a idade do neno/nena.

         o    Convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación ou divorcio, se é o caso.

         o    Para o alumnado xa matriculado noutro centro nun nivel de primaria: certificado de matrícula do centro actual. Os solicitantes deben comunicar a dita solicitude ao centro de orixe.

 

           É IMPRESCIDIBLE TRAER OS ORIXINAIS PARA O COTEXO DA DOCUMENTACIÓN

 

OUTRA DOCUMENTACIÓN:

  -- Ficha de datos persoais

 -- Solicitude para recibir clases de relixión/atención educativa/valores 

      -- Aceptación das normas de educación infantil ou normas de educación primaria segundo o curso solicitado.

 

 HORARIO DE SECRETARÍA DURANTE O PERIODO DE SOLICITUDES:                                                                                                                                                       

         de luns a venres lectivos de 9:00-14:30h e martes tamén de 16:30 a 18:00h

 

               PODEN CONSULTAR MÁIS INFORMACIÓN NOS ARQUIVOS ADXUNTOS.    

        -Calendario do Proceso de admisión

       - Criterios do Baremo

            - Rúas da zona de escolarización e colexios limítrofes.

             - Etc.

             Ademais poden consultar os servizos ofrecidos pola ANPA: madrugadores, comedor, actividades extraescolares... (trátase dun documento provisional)

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

NON É PRECISO FACER RESERVA. A entrada é pola Rúa Xasmíns.

 

ALGÚNS DATOS SOBRE O NOSO CENTRO:

 -     *  Xornada continuada todo o curso: de 9:30 a 14:30h

-       *   Colexio adscrito aos IES Xelmírez 1 e IES Xelmírez II.

-       *  A ANPA xestiona:

 Servizo de Madrugadores de 7:30 a 9:30h

Servizo de Comedor de 14:30 a 17:00h

*  Servizo de Ludoteca de 17:00 a 18:30h

*  Servizos de muda e merenda saudable.

*  Actividades extraescolares.

Para consultar a información relacionada coa ANPA,  poden acceder a http://www.anpalopezferreiro.org

LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS E EXCLUÍDOS DOS VALES PARA LIBROS E/OU MATERIAL ESCOLAR

Por motivos de protección de datos, publicamos as listaxes de alumnado excluído dos vales para libros e/ou material indicando o DNI do proxenitor que fixo a solicitude. Aqueles que non figuren excluídos poden recoller os vales ata o día 15 xullo en horario de 9:00 a 14:00h (deben recollelos os proxenitores ou outra persoa debidamente autorizada)

LISTAXE DE EXCLUÍDOS: VALES PARA LIBROS E/OU MATERIAL ESCOLAR

Tamén publicamos as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto para 3º e 4º de Primaria. Poden facer reclamacións os días 3 e 4 de xullo. As listaxes definitivas onde indican os libros concretos que se conceden, publicaranse o 9 de xullo.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO

 

DOCUMENTACIÓN  necesaria para a matrícula:

       Solicitude acordo co Anexo III-1  

       3 fotografías tamaño carné.

       Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a

       Fotocopia do libro de vacinas

       Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)

       Fotocopia do DNI dos proxenitores/titores

Ademais deben cubrir os seguintes impresos: 

       Autorización de saídas

       Autorización uso da imaxe.

       Ficha informativa para Educación Física

       Enquisa sobre a lingua do alumnado

       Autorización a persoas para a retirada do alumno/a.

Distribuir contido