Números anteriores

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

En virtude das instrucións en relación do COVID-19, AMPLÍASE provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

                               LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO

*  DECRETO 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes…

*  Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado )

*  Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013

*  Instrucións da D.X de Centros e Recursos Humanos sobre o procedemento de admisión para o curso 2020-21

* Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates

*  Resultado del sorteo

 

SOLICITUDES

 

      Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

 

           a.       Recollerse e presentala asinada no centro (Anexo II)

           b.      Cumprimentarse na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e presentala asinada de xeito manual no centro.

c.      Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. Para isto deben dispoñer de certificado dixital ou chave 365.

 

DATOS A TER EN CONTA

 

    * A solicitude de admisión presentarase no centro indicado en primeiro lugar e poderá conter ata 6 centros por orde de preferencia.

   * A solicitude será única e terá carácter vinculante.

  * A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titularesagás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.    

  * A solicitude dun posto escolar reservado a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) deberá acompañarse da documentación xustificativa para o seu cotexo polo centro educativa.

 

 As solicitudes virán acompañadas de:

     o    Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta automatizada.

         o    Copia do DNI ou libro de familia onde apareza a idade do neno/nena.

         o    Convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación ou divorcio, se é o caso.

         o    Para o alumnado xa matriculado noutro centro nun nivel de primaria: certificado de matrícula do centro actual. Os solicitantes deben comunicar a dita solicitude ao centro de orixe.

 

           É IMPRESCIDIBLE TRAER OS ORIXINAIS PARA O COTEXO DA DOCUMENTACIÓN

 

OUTRA DOCUMENTACIÓN:

  -- Ficha de datos persoais

 -- Solicitude para recibir clases de relixión/atención educativa/valores 

      -- Aceptación das normas de educación infantil ou normas de educación primaria segundo o curso solicitado.

 

 HORARIO DE SECRETARÍA DURANTE O PERIODO DE SOLICITUDES:                                                                                                                                                       

         de luns a venres lectivos de 9:00-14:30h e martes tamén de 16:30 a 18:00h

 

               PODEN CONSULTAR MÁIS INFORMACIÓN NOS ARQUIVOS ADXUNTOS.    

        -Calendario do Proceso de admisión

       - Criterios do Baremo

            - Rúas da zona de escolarización e colexios limítrofes.

             - Etc.

             Ademais poden consultar os servizos ofrecidos pola ANPA: madrugadores, comedor, actividades extraescolares... (trátase dun documento provisional)

 

Distribuir contido