MATRÍCULA DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN
DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA A MATRÍCULA:
• 3 fotografías tamaño carné
• Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
• Fotocopia do libro de vacinas
• Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)
• Fotocopia do DNI dos proxenitores.
IMPRESOS QUE DEBEN CUBRIR (enviáronse por correo electrónico ás familias do alumnado admitido):
• Autorización de saídas
• Autorización uso da imaxe
• Ficha informativa para Educación Física
• Enquisa sobre a lingua do alumnado
• Autorización para a retirada do alumno/a.
Se non os entregaron coa solicitude de admisión, tamén deben cubrir:
• Ficha de datos persoais
• Solicitude relixión/atención educativa
• Aceptación das normas de Educación Infantil
No caso de que o seu fillo/a deba ser incluído no Programa “Alerta Escolar 061” deben cubrir tamén o seguinte impreso:
• Inclusión no Programa “Alerta Escolar 061”. Este documento virá acompañado dun informe médico.
Se van usar o Aparcadoiro de Xoán XXIII, deben pedir no Colexio a solicitude e despois entregala selada nas oficinas do Aparcadoiro.
• Solicitude uso Aparcadoiro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Formulario matrícula curso 20_21.pdf | 158.73 KB |