Admisión de novo alumnado: INFORMACIÓN XERAL

 

TODAS AS SOLICITUDE PRESENTADAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL, ESTÁN ADMITIDAS POSTO QUE O NÚMERO DE VACANTES É IGUAL OU SUPERIOR AO NÚMERO DE SOLICITUDES.

AQUELAS FAMILIAS QUE SOLICITARON PRAZA PARA EDUCACIÓN PRIMARIA, dada a insuficiencia de postos dispoñibles, terán 10 días hábiles para presentar, se non o fixeron, a documentación xustificativa dos criterios do baremo alegados.

 

 

Calendario de actuacións

  • Xornadas de portas abertas 

 

 

 

LISTAXE DE VACANTES CURSO 2023/2024

NIVEL

VACANTES

RESERVA

TOTAL

Solicitudes presentadas

4º E.I (3 anos)

34

  6*

40

32

5º E.I (4 anos)

18

0

18

1

6º E.I (5 anos)

2

0

2

2

1º E. Primaria

0

  3*

3

 

2º E. Primaria

0

0

0

 

3º E. Primaria

0

0

0

2

4º E. Primaria

0

0

0

 

5º E. Primaria

0

0

0

 1

6º E. Primaria

1

0

1

 

 

*De acordo coa normativa vixente reservaranse 3 prazas por unidade do total das vacantes previstas para atender a escolarización de alumnado con neae (necesidades especificas de apoio educativo). Para o vindeiro curso reservaranse 6 prazas en 4º de Ed. Infantil e 3 en 1º de Ed. Primaria.  As devanditas prazas non adxudicadas, asignaranse dentro do procedemento ordinario de admisión e, se é o caso, no subsidiario.

 

  •  Do 1 ao 20 de marzo- Presentación de solicitude de admisión

Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II (ED550B) preferentemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado que estará dispoñible na aplicación informática admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente poderase presentar presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar.

A partir do 1 de marzo, poden recoller o formulario en papel no colexio. O horario de secretaría do CEIP López Ferreiro é de luns a venres de 09:00 a 14:45h e os martes tamén de 16:30 a 18:30h.

Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos dispoñibles, abrirase un prazo de 10 días hábiles para presentar presencialmente no centro a documentación xustificativa dos criterios alegados.

 

  • 25 de abril - Publicación das LISTAXES PROVISONAIS de alumnado ADMITIDO e NON ADMITIDO.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles para presentar reclamacións.

 

  • 15 de maio - Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS e NON ADMITIDOS/AS.

Prazo de interposición de recurso de alzada ante o Xefe Territorial: 1 mes.

 

  • Do 20 ao 30 de xuño - Formalización de matrícula do alumnado admitido.

 

PODEN CONSULTAR MÁIS INFORMACIÓN NOS ARQUIVOS ADXUNTOS: información sobre o proceso de admisión, información sobre o centro e a ANPA, tríptico informativo, criterios do baremo, rúas do CEIP López Ferreiro

O criterio complementario do centro outórgase por "domicilio familiar ou lugar de traballo dos pais ou titores legais na área de influencia do centro".  

AdxuntoTamaño
Admisión - vacantes taboleiro_asinado.pdf187.51 KB
CRITERIOS DO BAREMO_2024-25.pdf126.6 KB
INFORMACIÓN ADMISIÓN.pdf123.84 KB
INFORMACIÓN CENTRO.pdf223.08 KB
TRIPTICO XORNADAS PORTAS ABERTAS 24_25.pdf900.35 KB
ruas sólo lópez ferreiro actualizadas.pdf116 KB