NOVEDADES NA LOMCE

Ola a todas e todos,


O pasado sábado AS DIRECTIVAS  das diversas ANPAS da contorna de Compostela  tivemos unha xornada agradable e áxil, estivemos preto de catro horas (cun pequeno café) escoitando e falando sobre unha lei que nos vén imposta; foi un achegamento á realidade da LOMCE que penso que non deixou indiferente a ninguén; moitos de nós enterámonos de que aínda era peor do que xa sabiamos, que a súa aplicación ía ser moitísimo máis lesiva para o futuro dos nosos fillos, e para toda a sociedade.


Agora tócanos a cada ANPA transmitir o que nós aprendemos ás familias dos nosos centros, para que se informen, para que saiban a que se enfrontan e tamén para crear opinión sobre toda a problemática que esta lei vai traer para todos.


Qué educación queremos? Qué educación nos ofrecen?


Cal é a ideoloxía que sustenta a LOMCE?
Fomenta esta lei as mesmas oportunidades para todos ou pola contra pecha portas a clases desfavorecidas e medias?
Facilita esta lei os negocios privados con fondos públicos?
Facilita esta lei un aceso as universidades mediante as mesmas probas para todos e baixo os mesmos criterios ou facilita que cada universidad teña autonomía para aceptar a quen conveña?


De ter máis autonomía as universidades para seleccionar os futuros alumnos, estarán os nosos gobernantes tentados de influir nas decisions dos equipos directivos das universidades máis prestixiosas?
Pensa esta ley se pais, alumnos e mesmo docentes poden achegar algo ás políticas educativas ou pola contra ningún destes grupos está cualificado para facer ningún tipo de achega?
Nos centros educativos o director seguirá coordinando un equipo directivo e desenvolvendo a política educativa e organizativa a través de decisións tomadas no Consello Escolar ou pola contra será o director o único que tome todas as decisión que afecten o centro que dirixe, incluíndo a elección do novo profesorado?
Será a Administración (entendase, os nosos gobernantes) a que nomee os directores dos centros educativos? Cres que serán estes directores nomeados pola Administración autónomos nas suas decisións ou estarán politizados?
Como vedes un cambio de ley educativa? Ademais de ter unha base ideolóxica que convén coñecer, tamen implica posibilidades organizativas moi diferentes, poño algúns exemplos:


A- Estruturas que priman o control total da Administración (neste caso a comunidade educativa non ten ningunha ferramenta para controlar ou atenuar equivocacións ou mesmo abusos da Administración, pero se for o caso desta ley, tranquilos o normal é que non exista a corrupción en política e que a Administracion estea sempre atinada nas suas decisións).
B- Estruturas organizativas que priman e permiten en maior ou menor medida que a comunidade educativa participe de decisións en política educativa, sendo a educación unha responsabilidade de todos. Ao mesmo tempo, esta práctica o ser participativa (é dicir, democrática), axuda a controlar os posibles abusos de poder nos diversos niveis organizativos, mesmo por parte da Administración.
C- Estruturas organizativas que priman unha educación inclusiva (xa falaremos que é iso).
D- Estruturas organizativas que priman unha educación excluínte (contraria á educación inclusiva).


Como vedes, é importante saber o que nos ofrecen fronte o que tiñamos, ver se esta contrarreforma é a cura adecuada ao fracaso escolar, ao abandono do sistema educativo e aos malos resultados en comparación con outros países.


Ollo! Ademais dos resultados que actualmente temos en materia educativa (malos en comparación cos países da nosa contorna), non podemos perder de vista de onde partimos nós e de onde partiron eles, e medir quen tivo máis evolución. Seguro que máis dun levamos unha sorpresa.


Xa non me estendo máis, simplemente reconmendarvos que lle votedes unha ollada, ou dúas, ou tres, a este ilustrativo e magnífico power point, que un grupo de docentes concienciados crearon perdendo altruístamente o seu tempo.


É un documento ameno, que nos introduce de forma sinxela e moi certeira ao que implica a contrareforma educativa que coñecemos por LOMCE.


Reciban un agarimoso saúdo:


                                         José Pereiro, presidente da ANPA López Ferreiro.


 

AdxuntoTamaño
NOVEDADES_ LOMCE.pdf1.29 MB