20 de novembro, Día mundial da Infancia

 

Os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP López Ferreiro exerceron como concelleiros e concelleiras nunha sesión plenaria moi especial,presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para conmemorar o 20 de novembro, día mundial da Infancia.

 

Os nenos e nenas estiveron traballando nas semanas previas sobre a Convención sobre os dereitos do neno para poder achegar durante o pleno a súa visión de como se ve reflectido este documento na súa vida diaria e a de millóns de nenos e nenas que viven en países menos desenvolvidos. Así, o alumnado incidiu en catro aspectos que recolle esta Convención como a non discriminación, o interese superior do neno e nena, o dereito á vida e a participación dos menores de idade.