CUESTIONARIO DE CONVIVENCIA

Entre o 12 e o 29 de abril (ambos incluídos) estará dispoñible a enquisa sobre a convivencia no noso centro. Para respondela deberedes usar o código que vos chegou a través das vosas fillas ou os vosos fillos. Este código só se pode empregar unha vez. Esta enquisa é totalmente anónima.

Existen cuestionarios para cada sector. Para acceder a eles facede click no apartado correspondente:

No arquivo adxunto de abaixo tedes un documento con respostas a dúbidas frecuentes.

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O pasado venres día 2 celebrouse o Día Mundial do Autismo co lema "Podo aprender. Podo traballar". Desde o Sinde sumámonos a esta conmemoración co seguinte vídeo:

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

FESTA DE NADAL

 

Este ano a Festa de Nadal tivo que ser diferente. Non puidemos facer o tradicional festival pero fixemos outras cousas, un escape room, visionamento do Festival virtual, unha peli e unha vídeochamada con Papá Noel que nos enviou os agasallos pedidos para nós pola ANPA Citania. A seguir tedes un vídeo de resumo desta día.

FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL

 

Este ano, lamentablemente, non podemos facer o habitual festival de Nadal pero temos un festival virtual espectacular. Esperamos que vos guste. Felices festas e saúde para todas e todos!

3 anos

4 anos

 
5 anos
 
 
 
 

 
 

 
 

3 de decembro "Día da disCAPACIDADE"

O alumnado de Sinde amosou ter capacidades moi interesantes e distintas que nos lembran que ser diferentes é moi divertido.

Con este video conmemoramos o día da disCAPACIDADE.

RAPS DO OUTONO

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxeron inventar un poema e rapealo. Temos un alumnado con moito flow.

1º de Primaria

rap

2º de Primaria

3º de Primaria

 

4º de Primaria
 
 
5º de Primaria
 

Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

 

 

O pasado mércores celebrouse no Sinde o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. A continuación tedes o resultado:

Seguiremos a traballar para lograr a eliminación desta lacra social.

Día da Capacidade

Este ano queremos celebrar o Día da Capacidade. Para iso estamos a organizar unha actividade na que o alumnado nos envíe de xeito voluntario un vídeo coas súas mellores habilidades. Na seguinte imaxe tedes máis información:

 

Uso da Aula Virtual do centro

A profe Jenny creou este vídeo titorial por se vos pode facilitar o traballo na aula virtual do centro coas vosas fillas e fillos:

 

AS CABAZAS DO SAMAÍN

O alumnado do Sinde e as súas familias enviáronnos as fotos das súas cabazas. Son terrorificamente marabillosas!

Velaí o vídeo no que as podedes ver:

 
Grazas pola vosa colaboración!

Pilabot

Rematou o concurso de Pilabot. Xuntamos máis de 100 kilogramos de pilas. Moitas grazas pola vosa colaboración!

pilabot

 

Festivo local

23 Set 2020 00:00
Europe/Madrid

Lembramos que o próximo mércores día 23 non haberá clases por ser día festivo local.

BENVIDA DO PROFESORADO

Velaí novas e divertidas formas coas que nos podemos saudar:

 

Comunicado da ANPA

Estimadas familias:

Dende a Anpa citania  poñémonos en contacto con vós para comunicarvos que estamos xestionando a viabilidade e o  funcionamento do comedor para facilitar a conciliación familiar durante este curso tan atípico
Para poder levalo a cabo precisamos un número mínimo de alumnos polo que solicitamos que aquelas familias que necesiten ser usuarias deste servizo se poñan en contacto coa secretaria da Anpa  o máis axiña posible no telefono: 618 12 23 04.

Confirmación de matrícula

O prazo de confirmación de matrícula no centro abrangue desde o 1 ata o 10 de xullo ambos inclusive.

Para a mesma é preciso entregar en todos os casos:

  • Impreso de formalización de matrícula: Pode recollerse no centro ou descargarse aquí.
  • Certificado médico.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia das vacinas.

En caso de proceder doutro colexio debe achegar o Certificado de matrícula do centro anterior.

 

Powered by Drupal - Design by artinet