CONCURSO PILABOT

Este ano volvemos a participar no Concurso Pilabot.

O alumnado poderá traer ao centro pilas, pilas de botón, acumuladores e baterías de uso doméstico.

O período de recollida durará 6 semanas.

Para máis info fai click na imaxe:

pilabot

 

FESTIVAL DE NADAL

FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL 2019

A continuación tedes algunhas das actuacións do festival de Nadal do Sinde

(En algúns navegadores non permite o seu visionado. Ademais é preciso Adobe Flash Player)

1º de primaria "DE ELLOS APRENDÍ"

Segundo bailou "Vivir"

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Para conmemorar o Día da Discapacidade, no centro fixéronse distintas actividades nas que se tentou concienciar ao alumnado do significado de discapacidade e das posibilidades e necesidades que estas persoas teñen.

Dúas monitoras de GOGAMI, coa axuda do profesorado, realizaron unha xincana inclusiva para as nenas e os nenos de Primaria. Para o alumnado de infantil foron Nerea e Alberto quenes fixeron actividades similares. Velaí un pequeno resumo:

 

 

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN BAIONA

O mércores 4 de decembro o alumnado de 4º e 5º de Primaria participou nunha carreira de campo a través en Baiona. Unha actividade de convivencia e fomento da actividade física.

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O pasado luns día 25 de novembro manifestamos a nosa repulsa cara á violencia contra as mulleres facendo un lazo negro humano e cantando La puerta violeta de Rozalén.

Despois Bea e Valentina escenificaron o conto Daniela Pirata.

Por último, este mércores tivemos en BiblioSinde a Pedro Brandariz que nos fixo un contacontos titulado Non máis princesas.

 

SAMAÍN 2019

O mércores pasado celebramos no cole o Samaín. Primeiro visitamos un túnel do terror que prepararon familias da ANPA (moitas grazas polo enorme traballo) e despois, na biblioteca, o alumnado de sexto leu un conto viaxeiro creado entre todo o alumnado e entregáronse os premios do concurso de cabazas. Premendo na foto podedes acceder á galeria con algunhas imaxes máis.

tunel_terror

 

 

Unha semana completiña

 

A pasada semana foi completiña no noso centro. Inauguramos BiblioSinde, fixemos unha plantación no Castelo de Santa Cruz por mor da Folga mundial do medio ambiente e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º recibiu unha charla dos adestradores do Atlético Guardés.

Podedes ter máis información facendo click nas ligazóns destacadas noutra cor.

FIN DE CURSO 2019

ASÍ DE BEN O PASARON O ÚLTIMO DÍA DE CLASE.

Contos das Xornadas en familia

Nas Xornadas en familia da ANPA, escribimos uns contos. Cada familia iniciaba unha historia e as demais continuábana. Noutra xornada fixéronse as ilustracións. Este foi o resultado:

O CIRCO

EL HECHIZO 

CAPERULORO

ROTOTEC

TIM

LOS TRES HERMANOS Y LA CASA ENCANTADA

INFANTIL XOGA A BALONMÁN

Os alumnos e alumnas de infantil tiveron no pavillón municipal da Sangriña, unha sesión de iniciación ao balonmán a cargo de dous xogadores do Acanor Atlético Novás, Yago,pai de Brais de 4º de infantil e de Paulo.

                                                        Foi unha bonita experiencia,MOITAS GRACIAS!!!

LA CINTURA

 

 

O alumnado de 6º inventou unha coreografía e ensinóunala a todo o cole. Despois gravámola e quedou así de chula:

 

FALA O SINDE 19

 

  

Como cada ano por estas datas, xa está aquí o "Fala o Sinde"

 portada

(Fai click na imaxe para ler a revista)

VII CERTAME DE RELATO CURTO

Marcos Silva Rodríguez foi seleccionado como finalista no VII certame de relato curto organizado pola Federación de ANPA de Pontevedra(FANPA).

Entregoulle o diploma a escritora homenaxeada este ano, Concha Blanco.

NORABOA MARCOS!!

  

VIAXE A CRAIOVA-ROMANIA

Aquí vos deixamos un video que recolle a visita às escolas de Craiova(Romania) polas compañeiras Yoya e Seve.

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

O noso Centro foi obxecto dun proxecto sobre "Camiños Escolares Seguros" levado a cabo pola Deputación de Pontevedra e o Concello da Guarda.
Gracias as enquisa realizadas polas familias, alumnado, profesorado;polos mapeamentos e polas experiencias dos alumnos do centro, fíxose un estudo  e elaborouse un proxecto donde se recollen as melloras en canto a tráfico e seguridade  nas rúas de Brasilino Álvarez, Enrique Mª Sesto,Carretera de Circunvalación, Rúa Tui e Rúa Ourense, proxecto que foi presentado á comunidade educativa.
Xa presentado o proxecto na Deputación deixoo aquí para todos/as aqueles/as que estedes intersados en coñecelo.
 

                                  PLANOS ANTEPROXECTO CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

                         

Powered by Drupal - Design by artinet