Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023-2024

Enlace convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.html

Procedemento a través da Sede Electrónica: ED330B

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

NOTA. Na presentación electrónica debe presentar unha  solicitude por cada un dos seus fillos/as. 

Presentación con asistencia da aplicación Fondo Libros e despois presentación no centro educativo: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Presenación no centro. Imprimir Anexo I e II para descargar: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294 

BECAS E AXUDAS NEAE- 2023-2024

 

As familias interesadas en solicitar as Becas e Axudas de NEAE deberán presentar a documentación debidamente cumprimentada e asinada no centro dende o 8 de maio do 2023 ata o 20 de setembro do 2023 (ambos inclusive). 

A partires dese momento, o Departamento de Orientación elaborará os informes oportunos e encargarase, xunto coa dirección, de enviar as Becas ao organismo responsable para a súa valoración. 

Prema no seguinte enlace para acceder á convocatoria: 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

VISÍTANOS PABLO SEOANE

Preme encima para acceder á Galería

Esta semana tivemos unha visita moi especial: Pablo Seoane. 

É un gran mestre de Música e Baile Tradicional Galega e Artesán de instrumentos tradicionais galegos- Na actualidade, é a persoa encargada do Obradoiro Seoane en Teo. 

Achegouse ata o centro educativo coa intención de que os alumnos e as alumnas de Forcarei visen en vivo e en directo moitos dos instrumentos da música tradicional galega e das bandas populares. Escoitamos as súas explicacións e curiosidades, ouvimos ou seus sons e desfrutamos coñecendo algo máis da nosa cultura, da nosa Galiza. 

  

INICIACIÓN AO PIRAGÜIMO

Preme encima para acceder ás imaxes

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria desprazouse ata o embalse de Pontillón do Castro en Verducido para participar dunha actividade de iniciación ao piragüismo.
Esta proposta foi organizada pola Agrupación Deportiva Terra de Montes, dentro do programa XOGADE da Dirección Xeral de Deportes e en colaboración coa Federación de Piragüismo.
Desfrutaron dunha maña diferente e compartiron remos cos compañeiros e coas compañeiras de Soutelo de Montes, Campo Lameiro e Carballedo.

CAMPAMENTOS XUNTA 2023

Trasladamos información facilitada pola traballadora social do concello de Forcarei sobre os campamentos organizados pola Xunta para este verán 2023. 

O prazo de solicitude é dende o 18 de abril ata o 2 de maio. En canto a idade mínima e máxima para poder participar na Campaña de Verán 2023 cómpre destacar: 

- As persoas nacidas no ano 2014 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.

- As persoas nacidas no ano 2005 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

Para calquera dúbida podedes contactar co Departamento de Servizos Sociais do concello.

Máis información: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario