Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

BO NADAL

Dende o CEIP Nosa Señora das Dores queremos felicitarvos estas festas e para iso empregamos unha panxoliña interpretada no festival do pasado xoves 21 no colexio.

Grazas a todos e a todas polo traballo realizado para a posta en marcha do festival, ao alumnado pola súa interpretación, aos músicos pola colaboración desinteresada e as familias por vir e compartir esta xornada tan emotiva connosco.

CINEMA DE NADAL

Onte estivemos nos Minicines Central de A Estrada desfrutando de "Mavka, la guardiana de los bosques" xunto cos nos@s compañeir@s do CEIP de Soutelo. Esta actividade enmarcada nos Contratos Programa, CPInclúe e CPInnova, permite crear momentos de convivencia de centro e intercentro e, ao mesmo tempo fomentar valores como o respecto e coidado pola natureza.

ACTIVIDADES DO MES DE NADAL

Preme AQUÍ para velo máis grande.

Esta última semana lectiva de decembro ven cargadiña de propostas. Agardamos que tanto @s máis pequen@s como @s maiores desfruten destas xornadas.

CALENDARIO DE NADAL

O equipo de biblioteca e o EDLG xunto coa colaboración das nosas familias elaboraron este singular Calendario de Nadal. 

O funcionamento é sinxelo. Cada un dos días do mes de decembro irase presentando a lectura dun fábula. Polo tanto, o 31 de decembro, contaremos con 31 textos. 

Non volo podedes perder! 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado martes, 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. Nós agardamos ata onte, venres, para inaugurar "A Maxia dos venres" e contar coa presenza de Ana Meilán.

As nenas e os nenos de infantil e primeiro coñeceron ao lobo Rigoberto, un lobo curioso cun pequeno problemiña de gases. 

Os compañeiros e compañeiras de segundo, terceiro e cuarto mergulláronse nun universo moi especial: o das historias. 

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario