EXPOSICIÓN SENDA LITORAL
A exposición Senda Litoral de Galicia visita o noso cole coa intención de pór en valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe e a natureza do territoro polo que atravesa a Senda. Coa axuda de Rubén coñecemos rochas, area e cunchas de diferentes territorios polos que atravesa esta senda. E, o máis chamativo e especial foron as gafas 3D que nos permitiron trasladarnos por un intre a espazos e áreas paisaxísticas da Senda Litoral de Galicia.
CONTINUAMOS COAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS
Participar do Programa XOGADE e do Plan Proxecta+ permítenos contar con varias competicións e encontros deportivos con outros centros educativos e crear unhas verdadeiras xornadas en pro da saúde e do deporte.
#ceipnosasenoradasdores
#cpinnova:EDUsaúde
#xogade
#planproxecta+
CHARLA SOBRE A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
O mércores 3 de abril, despois deste parón de Semana Santa, achegáronse ata o colexio Nuria e Adrián do Centro de Saúde de Forcarei para falarnos sobre hábitos saudables. A través do conto " Os Bolechas educan a Pepiño Chispa" e xogos manipulativos puidemos aprender a preparar o noso Plato Saudable.
#ceipnosasenoradasdores
#cpinnova:EDUsaúde
PUBLICACIÓN DE LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO
Publicamos o LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.
Informar de que todas as solicitudes que se recibiron no centro foron admitidas e as familias notificaráselle por correo electrónico.
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 24-25
Entregarase unha única solicitude que se poderá presentar de forma presencial no centro educativo ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado do 1 ao 20 de marzo. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade. Só se poderá entregar unha única solicitude de admisión no centro que solicita en primeiro lugar, de entregarse varias solicitudes perderanse todos os dereitos de prioridade.
DOCUMENTOS QUE DEBERÁN APORTAR:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »