Iniciar sesión: Acceso

Extraescolares

LIGA NATACIÓN 22-23

Un ano máis, as cativas e os cativos do noso pequeno colexio, amosaron que a unión e o esforzo conxunto, ten a súa recompensa e así o fixeron na Liga Escolar de Natación.

Despois de tres xornadas nas que competiron con máis de 400 nenas e nenos de diversos colexios, os nosos compañeiros e compañeiras, quedaron moi ben situados tando de forma individual coma grupal. De 26 colexios participantes o noso quedou no 8º posto. De forma findividual cabe destacar o trofeo de gañadora na categoría de benxamíns da nosa compañeira Irene Méndez Seijo, que este foi o seu derradeiro  ano xunto con dous compañeiros máis que o vindeiro curso comezan a súa andaina no instituto.

Dende a ANPA queremos agradecer a tódolos participantes o seu esforzo e a todos os pais e nais por asistir as xornadas os domingos e estar ahí animando.

Esperámosvos o vindeiro curso. Parabéns a todos e todas!

ANPA SARDOMELA

REGULAMENTO LIGA NATACIÓN

Adxuntamos o Regulamento para a Liga Escolar de Natación deste curso 2022-2023. Clica na imaxe para consultalo.

O COLEXIO PARTICIPA NA LIGA DE NATACIÓN DO CONCELLO

O COLEXIO PARTICIPA NA LIGA DE NATACIÓN ORGANIZADA POLO CONCELLO DE VIGO. A PRIMEIRA CITA SERÁ O VINDEIRO DOMINGO 24 DE ABRIL A PARTIRES DAS 9.00 NO PAVILLON DO CARME ( TRAVIESAS) . MOITA SORTE A TOD@S!!!

GRAZAS A AMPA POR FACILITARNOS A INFORMACIÓN ADXUNTA.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: