Iniciar sesión: Acceso

Novas

CONSELLO ESCOLAR 2022

ASAMBLEA FAMILIAS

Comedor

Informamos que xa está dispoñible o modelo de autodeclaración responsable de comedor  para o curso 2022/23.

Podedes descargalo no arquivo adxunto ou recollelo na secretaría do centro os días 7 e 8 de xullo en horario de 11 a 12 horas. O prazo máximo para entregalo no centro é o 7 de setembro.

Na seguinte ligazón podedes consultar as Instrucións dos comedores escolares para o curso 2022/23.

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

A Consellería ven de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

Está destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria e se terá en conta o seguinte:

  1. NON ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no presente curso 2020-2021.
  2. SÍ ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra os seguintes requisitos:
  • Renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (exercicio fiscal 2018)
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro de 2020 (só para o alumnado NON beneficiario da axuda de material escolar)

Unha vez rematado o prazo farase pública a listaxe provisional e a definitiva tal e como establece a orde, e procederemos ao reparto das máscaras entre o alumnado beneficiario.

Horarios Autobús

Benqueridas familias:

A Ruta de Martínez Garrido a partires do 28 de setembro (luns) iniciará o seu percorrido as 8:50.

Informamos dos horarios de saída das rutas do autobús co obxectivo de estar nas paradas o mais puntuais posibles.

Ruta Meixueiro: inicio 8:30

Ruta Martínez Garrido: inicio 8:50

Saída despois do comedor: 15:40

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: