Iniciar sesión: Acceso

Curso 2021-2022

GRADUACIÓN 2022

O pasado 22 de xuño celebramos no cole a graduación de 6º de infantil e 6º de primaria. Acompañados das familias, compañeiros e compañeiras e mestres do centro, os nosos rapaces e rapazas ofrecéronnos actuacións musicais e de baile, así como discurso de despedida por parte do alumnado de 6º. Representando ao curso de 5º, Irene e Nora tamén tiveron unhas palabras para os seus compañeiros graduados.

Agradecemos as familias e a anpa pola súa colaboración. Noraboa aos alumnos e alumnas de 6º de infantil e os mellores desexos para 6º de EP na súa nova etapa.

6º EDUCACIÓN INFANTIL

 6º EDUCACIÓN PRIMARIA 

Revista Sardomela Nº 25

Deixámovos por aquí o último número da nosa revista Sardomela na que podedes atopar un pequeno resumo deste curso escolar DE CINE. Que a desfrutedes!!


BYE LINDA

O pasado 31 de maio despedimos á nosa auxiliar de conversa Linda despóis de catro meses de estancia no noso cole no que ademáis de axudarnos na comunicación oral en inglés, ensinounos un montón de curiosidades dos EEUU, compartiu con nos xogos, cancións e moitísimas actividades divertidas. Esperamos contar con ela o vindeiro curso. Grazas aos rapaces e rapazas do colexio pola boa acollida que lle brindaron.

Thanks a lot Linda!!!

Nos ficheiros adxuntos deixamos unha mostra do seu paso polo colexio.

LIGA DE NATACIÓN

Despois de dous anos de parón debido ó Covid, este ano voltou a liga escolar de natación escolar organizada en Vigo polo clube Rias Baixas e o concello de vigo.

A anpa do centro encargouse de que todos os nenos e nenas, de xeito volntario, participasen nesta convocatoria na que estiveron presentes máis de 300 participantes.

O resultado foi increíble. Dos máis de 20 colexios que se presentaron o noso centro acadou un 8º merecidísimo posto na clasificación por centros. A nosa alumna Irene Méndez Seijo gañadora indiscutible na categoría feminina de benxamíns dende a primeira xornada.

Dende a anpa animamos a todos os nenos e nenas do colexio a que sigan participando en tódalas actividades que se vaian convocando. Agradecer as familias a colaboración e aos nosos pequenos NORABOA polos resultados obtidos!!!!

Conmemoración "DÍA DA ÁRBORE"

O venres 3 de xuño, o CEIP Plurilingüe O Sello, xunto co  CEIP Santa Mariña e o CEE Saladino Cortizo conmemoramos  "O Día da Árbore",  facendo unha prantación de diversas especies arbóreas no parque anexo ao centro CEE Saladino Cortizo, organizada pola Comunidade de Montes do Carballal.  Pola súa banda,  tamén procedemos á solta de diversas especies de animais (pombas, pardais e coellos) e a recollida do premio. No noso centro foi agasallada pola súa obra pictórica a nosa alumna de 5º curso de Educación Primaria "Xela Quevedo Fernández". E por último, disfrutamos dunha actuación cómica e artísticva para aderezar a visita a dita contorna.

Aqui tedes un resumo da nosa conmemoración

 

Post de Instagram Ecológico Naturaleza Día del Medio Ambiente Verde Celeste de CEIP O Sello

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: