Iniciar sesión: Acceso

ANPA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 23-24

LIGA NATACIÓN 22-23

Un ano máis, as cativas e os cativos do noso pequeno colexio, amosaron que a unión e o esforzo conxunto, ten a súa recompensa e así o fixeron na Liga Escolar de Natación.

Despois de tres xornadas nas que competiron con máis de 400 nenas e nenos de diversos colexios, os nosos compañeiros e compañeiras, quedaron moi ben situados tando de forma individual coma grupal. De 26 colexios participantes o noso quedou no 8º posto. De forma findividual cabe destacar o trofeo de gañadora na categoría de benxamíns da nosa compañeira Irene Méndez Seijo, que este foi o seu derradeiro  ano xunto con dous compañeiros máis que o vindeiro curso comezan a súa andaina no instituto.

Dende a ANPA queremos agradecer a tódolos participantes o seu esforzo e a todos os pais e nais por asistir as xornadas os domingos e estar ahí animando.

Esperámosvos o vindeiro curso. Parabéns a todos e todas!

ANPA SARDOMELA

REGULAMENTO LIGA NATACIÓN

Adxuntamos o Regulamento para a Liga Escolar de Natación deste curso 2022-2023. Clica na imaxe para consultalo.

LIGA DE NATACIÓN

Despois de dous anos de parón debido ó Covid, este ano voltou a liga escolar de natación escolar organizada en Vigo polo clube Rias Baixas e o concello de vigo.

A anpa do centro encargouse de que todos os nenos e nenas, de xeito volntario, participasen nesta convocatoria na que estiveron presentes máis de 300 participantes.

O resultado foi increíble. Dos máis de 20 colexios que se presentaron o noso centro acadou un 8º merecidísimo posto na clasificación por centros. A nosa alumna Irene Méndez Seijo gañadora indiscutible na categoría feminina de benxamíns dende a primeira xornada.

Dende a anpa animamos a todos os nenos e nenas do colexio a que sigan participando en tódalas actividades que se vaian convocando. Agradecer as familias a colaboración e aos nosos pequenos NORABOA polos resultados obtidos!!!!

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: