Iniciar sesión: Acceso

Curso 2014/2015

Excursión de fin de curso

Este ano o destino elixido para a nosa excursión de convivencia foi a vila mariñeira de Baiona. A Fortaleza de Monterreal, a carabela Pinta ou o casco histórico foron algunhas das nosas paradas. Ademais comimos no monte e gozamos tamén do parque no paseo da Palma. Sen dúbida, pasamos un marabilloso día!

Día da árbore

O pasado 4 de xuño gozamos dunha xornada de convivencia no CEE Saladino Cortizo. Entre todos plantamos unha árbore, soltamos uns paxaros, merendamos e participamos en diversos xogos interactuando cos alumnos/as do CEE Saladino Cortizo e tamén do CEIP O Carballal.

 

Premio de redacción Atrévete a ter unha idea!

Este ano tentamos descubrir como crear a nosa propia empresa, deste xeito visitamos os Ciclos de cociña, xoiería e deseño de moda.

Participamos no concurso Atrévete para crear cada un de nós a nosa propia empresa, e é un orgullo para nós presentarvos á empresa gañadora, creada por Carla Piquín Casabella. Preme no diploma para ver o seu traballo!

Parabéns!!!!

3º Premio Nacional de Redacción

Neste curso a nosa alumna Leire Ramallo Jurado, gañou o 3º Premio Nacional de Redacción, co tema: "La seguridad y salud en el trabajo" Organizou este concurso a empresa MC Mutual.

NORABOA LEIRE!!!!

Preme no diploma para ler a súa redacción:

Uns ricos granizados!

Nesta ocasión quixemos comprobar a importancia da auga na cociña e con moi pouquiños ingredientes fixemos uns granizados de laranxa e de sandía.


Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: