Iniciar sesión: Acceso

Curso 2014/2015

Regueifamos?

Pois si, aprendemos a "pelexar" coa nosa voz, xa que as reguiefas son cantigas entre dúas ou mais persoas que siguen un mesmo cantar versado durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Seméllanse ao RAP.

Os temas son variados, pero sempre cun bo toque de humor, por iso son aptas para todas as idades.

Aqui tendes as fotos que amosan o ben que o pasamos: FOTOS

Visitamos o Centro de Saúde de Lavadores

O pasado 18 de decembro os nenos e nenas de E.Infantil visitamos o Centro de Saúde de Lavadores para pór en práctica algúns dos coñecementos adquiridos co Proxecto do Corpo que traballamos durante o 1º trimestre.

 

Libroreta recomenda... Nadal 2014

Guía de lecturas recomendadas para o alumnado no Nadal de 2014.

Tríptico Recomendacións Nadal 2014.pdf

Consumópolis

Consumópolis é un lugar con acceso a información e actividades sobre o Consumo Responsable.

O obxectivo de Consumópolis é ofrecer unha ferramenta práctica e dinámica que contribúa ao desenvolvemento integral de actuais e futuros consumidores.

O noso alumnado de 5º e 6º de primaria comenzou neste mes a súa participación no concurso, como podedes observar no seguinte vídeo:

 


Magosto 2014

O 14 de novembro celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiples actividades.

No seguinte video podedes observar as imaxes que amosan o ben que o pasamos.

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: