Iniciar sesión: Acceso

Educación Infantil

Educación Infantil

Periodo de adapatación de Educación Infantil

No seguinte arquivo tedes toda a información do periodo de adaptación  de Educación Infantil para os nenos e nenas de 3 anos. 

Saúdos

Clase maxistral de 5º de E. P. sobre os Celtas

Os alumnos de 5º puxeron moita ilusión en aprender todo o relacionado coa época dos celtas para compartilo cos peques de E. Infantil. Despois de ilustrarnos con moita e interesante información agasalláronnos un bonito símbolo celta para colorear.

                                    Grazas compis!!!

Obradoiro de plastilina

Con produtos de uso cotián como son a auga, a fariña, o aceite ou os colorantes alimentarios, elaboramos un produto natural, semellante a plastilina que logo levamos para casa. Dende a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitíronnos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...). Outra actividade concedida pola Concellería de NL e o Servizo de NL do Concello de Vigo.

 

Obradoiro xogos musicais

Grazas á Concellería de NL e ao Servizo de NL do Concello de Vigo, as Abelliñas, as Tartarugas e os Pitufos gozamos dun obradoiro destinado a fomentar o desenvolvemento psicomotriz e musical. E fixémolo, co galego como idioma vehicular, con melodías sinxelas, cancións repetitivas e danzas acompañados de diferentes instrumentos.

Uns ricos granizados!

Nesta ocasión quixemos comprobar a importancia da auga na cociña e con moi pouquiños ingredientes fixemos uns granizados de laranxa e de sandía.


Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: