Iniciar sesión: Acceso

Curso 2014/2015

Festa da auga!!!

O pasado venres as Tartarugas, os Pitufos e as Baleas festexamos unha festa pasada por auga. Non vos perdades o seguinte vídeo Guiño


 

Algúns traballiños das Baleas

       Os contos populares, a banda deseñada ou as partes dun xornal foron algúns dos contidos que o alumnado de 5 anos traballou durante o pasado trimestre.                                                          

       Para mostra...o seguinte vídeo!


 

Teatro "Los Tres Famosos pececillos"

      Despois dos problemas de son que tivemos no Nadal, o fabuloso grupo artístico de 2º de primaria retomou a súa obra e saíu a escena. Fíxoo na nosa biblioteca, no espazo "Divertivenres". Actuaron moi ben e o público quedou abraiado.

Obradoiro de galletas

Irene, mestra reposteira e nai de Xavi de 3 anos e de Carla de 6ºP, ensinounos a facer unhas deliciosas e divertidas galletas. Divertímonos moito! Graciñas Irene!!!

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo celebramos na Biblioteca o Día da Poesía. Cada clase leu o poema que traballara na clase a tódolos seus compañeiros, e así gozamos dunha boa experiencia poética todos xuntos.

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: