Iniciar sesión: Acceso

Curso 2021-2022

AULA MADRUGA

AULA MADRUGA

 

Desde o Anpa do CEIP "O SELLO" queremos informar que o Aula Matinal estará en funionamento no novo curso 2021/2022.

O seu horario será de 8:30 a 9:00, na aula de Educación Infantil.

Calquer dúbida que teñades poñeros en contacto co Anpa ou co dirección do centro educativo. 

Saúdos

Calendario Curso 2021-2022

Fondo Solidario de Libros 2021-2022

As listas de Fondo de Libros serán publicadas ao longo do mes de Xullo.

Para que non esteades á espera de novas ao respecto, informarvos que todo o alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria terán os seguintes libros adxudicados:

  • Lingua Galega
  • Lingua Castelá
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Sociais

O único que precisaredes mercar, é o cuaderniño de inglés que atoparedes nas listas de libros que tendes na seguinte ligazón: libros

En canto aos cheques de material, serán entregados en setembro previa comunicación do centro.

Libros de texto 2021-2022

Xa están dispoñibles os Libros de texto para o curso 2021-2022.

O material será publicado e trasladado ás familias en setembro.

Preme en cada curso para acceder ao documento:

Infantil:

Primaria:

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2021-2022

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

Orde 6 de maio de 2021

Prazo para presentar solicitudes (Anexo I e Anexo II)

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
  • O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.
  • O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 5º de primaria non participará no Fondo Solidario de Libros de texto posto que formará parte do programa EDIXGAL. Sí deberán presentar solicitude no caso que desexen solicitar o cheque de material
  • O alumnado de 6º de Primaria que vai ao instituto deberá poñerse en contacto co Instituto de destino para a presentación da solicitude.

Anexos I e II

Acceso sede electrónica

Documentación requerida e información de interese

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: