Iniciar sesión: Acceso

Libros de Texto

Libros de texto 2021-2022

Xa están dispoñibles os Libros de texto para o curso 2021-2022.

O material será publicado e trasladado ás familias en setembro.

Preme en cada curso para acceder ao documento:

Infantil:

Primaria:

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2021-2022

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

Orde 6 de maio de 2021

Prazo para presentar solicitudes (Anexo I e Anexo II)

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
  • O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.
  • O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 5º de primaria non participará no Fondo Solidario de Libros de texto posto que formará parte do programa EDIXGAL. Sí deberán presentar solicitude no caso que desexen solicitar o cheque de material
  • O alumnado de 6º de Primaria que vai ao instituto deberá poñerse en contacto co Instituto de destino para a presentación da solicitude.

Anexos I e II

Acceso sede electrónica

Documentación requerida e información de interese

Material Escolar 2021-2022

Xa temos a disposición das familias os listados de material para o curso 2021-2022.

Premede no curso no que esteades interesados para acceder á información.

1º- 2º Primaria

3º-4º  Primaria

5º Primaria

6º Primaria

Listaxe definitiva Fondo Solidario Libros de Texto 2020-2021

Tal e como establece a ORDE do 12 de maio de 2020, a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto está á vosa disposición no taboleiro de anuncios do centro.

Tamén podedes solicitar información vía email ou teléfono do centro.

A continuación tedes o enlace para acceder á listaxe de libros para o vindeiro curso, co obxectivo de que merquedes todos aqueles que non se adxudicaran no fondo de libros

Listaxe libros de texto curso 2020-2021

Os vales de material serán entregados en setembro, así como a listaxe de material para o curso 2020-2021

Listaxe provisional Fondo Solidario Libros de Texto

Tal e como establece a ORDE do 12 de maio de 2020, o documento no que se fai pública a listaxe provisional do Fondo Solidario Libros de Texto estará á vosa disposición no taboleiro de anuncios do centro.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: