Iniciar sesión: Acceso

Novas

ENTROIDO 2023

Aquí tedes un resumo da semana do Entroido tan xenial que pasamos no Sello!! No vídeo escoitaredes a copla de Entroido "Disfrazá" (versión en galego de Despechá de Rosalía) que compuxo e grabou en Radio Sello o alumnado de 6º nos obradoiros de Lingua Galega deste mes. Desfrutádea!!!

 
 

MANDAS DO MECO 2023

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2023-24

AVISO:  Todo o alumnado que, durante o periodo de admisión, solicitou praza no noso centro foi admitido.

A formalización da matrícula farase en xuño segundo os prazos establecidos.

A dirección do centro

25/04/2023


 Adxuntamos un resumo do proceso de ADMISIÓN E MATRÍCULA xunto coas VACANTES para o vindeiro curso 2023-2024.

 


Toda a información relativa ao proceso de admisión e matrículaClica aquí para visualizar e descargar o documento

DOCUMENTACIÓN E LIGAZÓNS DE INTERESE:

BO NADAL!

Os mellores desexos do mundo para todos e todas vós. Agardamos que desfrutedes este tempo en familia. Vémonos á volta!

O centro permanecerá pechado durante o período de Nadal que abrangue dende o 23 de decembro ao 8 de xaneiro (ámbolos dous incluídos).

OBRADOIRO IMPROVISACIÓN ORAL

O alumnado de 5º e 6º participou hoxe nun dos Obradoiros  de Improvisación Oral impartido por Luis Caruncho e Pinto de Herbón dentro das actividades ofertadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
 
Unha mañá moi productiva na que, ademais de aprender o que é unha regueifa e escoitar varios exemplos, aprenderon a crear a súa propia. O alumnado quedou encantadérrimo e desexando repetir! De seguro poremos en práctica todo o aprendido.
 
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: