Iniciar sesión: Acceso

Actividades na biblio

FESTA DOS MAIOS

Deixamos un resumo da Festa dos Maios que vivimos no Sello e as coplas que compuxemos nos obradoiros de Lingua Galega para este día.

 

 

 COPLAS DOS MAIOS

PONTE NAS ONDAS 22-23

O 11 de maio tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de Ponte nas Ondas o cal realizou un Obradoiro de Radio co noso alumnado.

Emprego do Audacity como programa de grabación, ténicas de modulación e proxección de voz. creación de guion, mesa de misturas... Unha mañá moi ben aproveitada. Deixámosvos aquí un resumo do día e o programa de radio elaborado.

 

 
 

CÁMARAS.... E ACCIÓN!!

Aproveitando que o PDI de centro son os medios de comunicación e este trimestre adícase aos medios audiovisuais, o alumnado do centro estivo fedellando cos micros, cámaras, iPads e apps de edición do espazo creativo de BiblioSello.

Fixeron uns traballazos! Dádelle ao PLAY.


O grupo de infantil cóntanos o seu libro favorito da Biblioteca.


En 1º e 2º fixeron unhas reseñas literarias marabillosas. E nótase o que lles gustou estar diante da cámara!!



O grupo de 3º e 4º fálanos dos seus libros favoritos:

 


O alumnado de 5º e 6º elaboraron estes estupendos Booktrailers de libros que podedes atopar na biblioteca.

SEMANA DO LIBRO 2023

Esta semana a adicamos ao Día do Libro, por iso dende as aulas e a biblioteca fixemos un montón de actividades: dende adiviñar o libro oculto a través dunhas pistas diarias, invitar as familias a que lerán un conto nas aulas dos seus fill@s, a crear os libros das súas vidas...

Deixámosvos un video para que vexades o moito que traballaron e desfrutaron. 

POEMAS EN CONTOS

No obradoiro deste mes, o alumnado de 5º compuxo uns poemas inspirándose nos contos tradicionais. Graváronos e editáronos co Audacity.

Foi a primeira vez que se enfrontaron a este reto pero quedáronlles moi xeitoso, ou non??

 

 
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: