Iniciar sesión: Acceso

Curso 2020/2021

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

A Consellería ven de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

Está destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria e se terá en conta o seguinte:

  1. NON ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no presente curso 2020-2021.
  2. SÍ ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra os seguintes requisitos:
  • Renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (exercicio fiscal 2018)
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro de 2020 (só para o alumnado NON beneficiario da axuda de material escolar)

Unha vez rematado o prazo farase pública a listaxe provisional e a definitiva tal e como establece a orde, e procederemos ao reparto das máscaras entre o alumnado beneficiario.

Calendario Escolar 20-21

Xa está a vosa disposición o Calendario Escolar do curso 20-21, premede no enlace para acceder.

Calendario 20-21

Horarios Autobús

Benqueridas familias:

A Ruta de Martínez Garrido a partires do 28 de setembro (luns) iniciará o seu percorrido as 8:50.

Informamos dos horarios de saída das rutas do autobús co obxectivo de estar nas paradas o mais puntuais posibles.

Ruta Meixueiro: inicio 8:30

Ruta Martínez Garrido: inicio 8:50

Saída despois do comedor: 15:40

Menús do Comedor 20-21

Se queredes descargar os menús de cada mes premede na imaxe pdf.

Setembro           Xaneiro           Abril
Outubro           Febreiro           Maio
Novembro           Marzo           Xuño
Decembro        

Incorporación gradual do alumnado ao curso escolar 2020-2021

 

Benqueridas familias,

Atendendo ás últimas indicacións facilitadas pola Consellería de Educación*, informámosvos de que o comezo das clases farase de xeito escalonado:

XOVES, día 10 de setembro: asistirá ao centro o alumnado de Educación Infantil (3 e 4 anos) e o alumnado dos curso de 1º e 3º de Educación Primaria.

O VENRES, día 11 de setembro: unirase aos anteriores os grupos de Educación Infantil (5 anos) e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Lembramos que é IMPORTANTE non facer aglomeracións nos momentos de entrada e saída do recinto escolar. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

*Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020-2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: