Iniciar sesión: Acceso

Radio na Biblio

PONTE NAS ONDAS 22-23

O 11 de maio tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de Ponte nas Ondas o cal realizou un Obradoiro de Radio co noso alumnado.

Emprego do Audacity como programa de grabación, ténicas de modulación e proxección de voz. creación de guion, mesa de misturas... Unha mañá moi ben aproveitada. Deixámosvos aquí un resumo do día e o programa de radio elaborado.

 

 
 

POEMAS EN CONTOS

No obradoiro deste mes, o alumnado de 5º compuxo uns poemas inspirándose nos contos tradicionais. Graváronos e editáronos co Audacity.

Foi a primeira vez que se enfrontaron a este reto pero quedáronlles moi xeitoso, ou non??

 

 

MODULANDO POEMAS

Polo Día da Poesía o alumnado de 3º e 4º fixo unjha búsqueda documental de poemas nos Obradoiros de LG. Despois, os gravamos e modificamos as voces para facelo máis divertido.

Que vos parece?

 

RADIO E PAZ 5º

Aproveitando o tema do noso PDI "Dende O Sello para o Mundo" no que traballamos os medios de comunicación radiofónicos durante este trimestre, o alumnado de 5º elaborou uns programas de entrevistas na radio nos Obradoiros de Lingua Galega. Investigaron sobre diferentes persoas relacionadas co Premio Nobel da Paz e este foi o resultado. Non volo perdades!!

As Barbantesas:

 

Os Golfiños:

 

Os Carpinchos:

ENTROIDO 2023

Aquí tedes un resumo da semana do Entroido tan xenial que pasamos no Sello!! No vídeo escoitaredes a copla de Entroido "Disfrazá" (versión en galego de Despechá de Rosalía) que compuxo e grabou en Radio Sello o alumnado de 6º nos obradoiros de Lingua Galega deste mes. Desfrutádea!!!

 
 
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: