Skip to Content

Biblioteca

Lecturas do Día da Paz

O Día da Paz foi o 30 de xaneiro, e dende a Biblioteca tiñamos organizadas un par de lecturas moi interesantes. Pero ante a posibilidade de chuvia e para poder disfrutar mellor das lecturas, decidimos aprazar a sesión para cando viñera mellor tempo. Así foi que o pasado venres 21 de febreiro organizamos a sesión.

nenos publico

A primeira das lecturas foi a cargo de nenas de dous cursos diferentes. Por parte de 2º C Elsa Nagy e Claudia Díaz, e de 4ºB, foron Nerea Montero e Uxía Suárez. O conto foi "A histoira dos bonobos con lentes", onde vimos o conflicto entre os bonobos e bonobas. Unha historia sobre igualdade e coeducación. Cunhas ilustracións moi chulas.

nenas lendo

A segunda lectura foi a cargo de nenas e nenos de 5ºC: Sabela Martínez, Jorge Juncal, Iria Varela, Ósca Loureiro e Daniel Varela. O conto era unha historia sobre ogros e intolerancia. Un relato que nos anima a estar atentos para poder preservar a liberdade. O seu título é "Cuando los ogros se quedan solos".

nenos e nenas lendo

O rematar houbo a entrega dos marcapáxinas personalizados. Moitas grazas aos nosos lectores e agradecer tamén aos asistentes a sua asistencia. Esperamos veros na próxima.

entrega marcapaxinas

Unha exposición galáctica

exposicion libros

Dende a Biblioteca organizamos unha exposición de libros sobre o Sistema Solar.

Co gallo da actividade proposta pola Dinamización de Laboratorio, pensamos que era boa idea organizar unha exposición onde os nenos e nenas do centro puideran apreciar diferentes libros sobre un tema tan divertido como o Sistema Solar e todo relacionado con el.

Solicitamos a colaboración de todo o centro. Mediante unha circular, solicitamos que os nenos e nenas do centro, trouxeran libros de casa sobre a temática da exposición. Os colaboradores da biblioteca foron recollendo os libros polas aulas e dispuxose un horario para que os titores se anotaran. A colaboración dende as familias foi notable, e as visitas foron constantes.

nenos e nenas lendo

Os libros eran moi interesantes. Había unha gran variedade. Tiñamos libros de divulgación, atlas do espazo, guías sobre as costelacións, libros troquelados moi divertidos, como podedes ver aquí na foto.

neno con libro troquelado

Esperamos que os titores e o alumnado que viñestedes o pasarades ben. Para nós é unha satisfacción realizar este tipo de exposicións. Queremos agredecer as familias a colaboración que nos brindaron, sen elas, esta exposición non sería posible. Tamen agradecer os titores pola recollida dos libros e animar as nenas e nenos a que traian o maior número posible. Moitas grazas a todos e todas. Vémonos na Biblioteca, saudiños...

 

neno vendo por un visor de diapositivas dun libro

Boas Festas dende a Biblioteca

Dende a Bibloteca queremos que pasedes unhas Felices Festas na mellor das compañas, un libro, por suposto. Esperamos que o 2013 fora un bo ano e seguro que o 2014, vai a ser mellor.

Recordade as nosas suxerencias. Podedes descargar o pdf. Descansade e vémonos en xaneiro, con máis sesións de lectura, recomendacións e novidades.  Unha aperta.

Lecturas de Nadal

O ano remata, pero non as nosas Lecturas. Queríamos decirlle adeus a este ano que se acaba, e que mellor maneira que lendo. Tivemos clásicos coma Dickens, poemas e para que non se diga, unha lectura bilingüe galego e inglés (yes, we can). A asistencia foi tan ampla que non dábamos cabido todos e todas na nosa biblioteca, tal como podedes ver na foto. Tiñamos de fondo unha selección de libros sobre o Nadal que estan a disposición vosa, xa o sabedes.

nenos e nenas escoitando

Non nos cansamos de escoitar o clásico "Conto de Nadal" de Charles Dickens, unha historia do importante que é celebrar estas Festas en amor e boa compañía, se o vello Scrooge puído cambiar o seu corazón, nós tamén. Foi un placer disfrutar da lectura realizada por Lorena e Patricia de 5º B e Rediet de 5º A.

nenas lendo

A poesía ten un o seu recuncho no Nadal. Adrianda de 3º A e Ainhoa e Adriana de 3º B, recitaron dunha maneira moi navideña unha serie de poemas da antoloxía "Poemas de Navidad" que diversos escritores escribiron para facer máis máxica, se cabe, esta época tan bonita do ano.

nenas lendo

A terceira lectura foi unha experiencia moi divertida. As nenas de 2ºB: Andrea, Antía, Lüa e Ana leron "Gatiño e a neve" de Joel Franz Rosell e Constanze V. Kitzing, e as nenas de 6ºB: Sabela, Raquel, Lucía e Iria, leron a traducción ó inglés deste conto. Foi unha experiencia máis, na que demostramos que somos uns nenos e nenas que disfrutamos cos contos en calquera idioma.

nenas lendo

Coma sempre, para rematar, fixemos entrega dun pequeno recordo, un marcapáxinas, coas fotos dos participantes nesta sesión de Lectura e con Ramoniño, a nosa máscota da Biblioteca, que nos recorda o divertido que é estar disfrutando dos mellores contos e aínda mellor compañía.

Dende a Bibloteca queremos desexarvos unhas Felices Festas. Vémonos a volta. Aproveitade para descansar e vir coas pilas cargadas en xaneiro. Ata a próxima sesión.

Lecturas de medo

O martes 29 de outubro, no recreo, celebramos a primeira sesión de lectura deste curso. O tema non podía ser outro os contos de medo. Samaín estába moi preto como para deixar de lado estes contos tan terroríficos.

lectura na biblioteca

Os lectores e lectoras deste curso, non son dos que se asustan con facilidade Aínda que  forone moitos os compañeiros e compañeiras que acudiron a escoitalos, leron con soltura os contos que tiñan preparados.

O lector en estrear a sesión foi Dario de 2º D que leu "A noite de Samaín" de  a banda deseñada "Os Barbazáns" de Pepe Carreiro.

De seguido foron Carmen, María, Laura e Lucía de 4ºB que leron "Unha pantasma con asma" de Carmen Gil e Sarah Websten.

Continuamos con Fran de 3ºB, Aitor de 5ºC e Miguel de 5ºB que nos explicaron esta tradición do Samaín empregando unha lectura moi interesante: "Mitoloxía de Galicia"

Para rematar, contamos con Noelia de 5ºA, Elvira e Clara de 5ºB, Iván, Ainhoa e Nerea de 5ºC que leron todo un clásico da novela negra, "El perro de los Baskerville" de Arthur Conan Doyle. Vivimos a acción das mans do detective máis famoso da literatura, Sherlock Holmes e o seu inseparable compañeiro, Watson.

Clausuramos esta sesión terrorífica, na que non faltaron, pantasmas, castreños, mitos e misterios, facendo entrega dos marcapaxinas exclusivos da sesión de lectura. Parabéns os nósos lectores e lectoras e agradecendo a asistencia dos compañeiros e compañeiras que non dudaron en asistir a tan terrorífico evento.

Ata a próxima!

O Día do Libro

 

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Este ano organizouse unha lectura continuada da obra Andanzas de don Quijote y Sancho, escrita por Concha López Narváez, que como ela mesma explica na introdución "esas cosas que os cuente serán las mismas que contó don Miguel de Cervantes. Unas veces lo haré con sus propias palabras; sin embargo, otras veces tendré que cambiarlas, porque , si no lo hago, no podréis comprenderlas..." 

Nesta actividade participaron moitos alumnos do centro, uns como lectores e outros como oíntes. A continuación podes ver unha selección de instantáneas desta actividade.

O contacontos de 1º curso

O pasado venres día 12 houbo unha sesión de contacontos na nosa biblioteca, agasallo da editorial Kalandraka. Asistiron como público as nenas e os nenos de 1º curso, que se portaron estupendamente e o pasaron moi ben.

Preséntovos a Patricia, a narradora dos contos, e a Alex, que lle axudaba facendo algúns personaxes e ademáis tocaba o acordeón.

Patricia e Alex, narradora e músico

Comezaron cantando a súa canción dos contos coa axuda de todos os nenos. Despois contáronnos tres bonitas historias da súa "fábrica de contos".

 portadas dos contos

A primeira foi darnos a coñecer á súa amiga Loreto que ten un abrigo cheo de petos nos que leva de todo.

Aquí podedes ver a Patricia mirando que había nos petos do abrigo da súa amiga Loreto. Todos estabamos moi atentos a ver que saía deles.

Buscando nos petos do abrigo de Loreto

A continuación contáronnos a historia da galiña roxa. Pobre galiña! Cantos traballos pasou! Menos mal que os nenos e nenas de 2º lle botaron unha man.

Mirade aquí como lle están a  axudar a sementar o trigo estes alumnos e alumnas de 2º A e B.

Sementando trigo

Despois tivo que moelo no muíño e os nenos de 2º C e D botáronlle unha man para mover a pedra.

Moendo trigo

O último conto foi o de Crictor, a serpe que recibiu Madame Bodot como agasallo de cumpreanos.

Patricia e Alex esqueron a Crictor dentro do baúl e cando Patrica a sacou estaba moi enfadada.

Para que se lle pasara o enfado contáronnos o seu conto. Que valente foi Crictor!

Ao final todos saímos moi contentos. Pasámolo xenial despois de escoitar, cantar e rir coas historias que nos contaron Patrica e Alex. Moitas grazas ao dous e á editorial Kalandraka.

Podedes ver máis fotos na Galería

Lecturas de marzo

O martes 6 de marzo tivo lugar unha nova sesión de lecturas na biblioteca. Esta vez non houbo un tema e as lectoras e lectores leron fragmentos de catro estupendas obras con diferente temática.

O primeiro en participar foi Iván que leu varias páxinas de As aventuras de Tom Sawyer, escrito polo estadounidense Mark Twain.

Lectura As aventuras de Ton Sawyer

As seguintes en ler foron Ainhoa, Jasmine, Lara e María que leron Sacha, el pequeño elefante,  de Ursel Scheffler.

Lectura Sacha, el pequeño elefante

O seguinte en ler foi Darío que leu o conto de Mª José Ferrada e Sole Poirot, O baile diminuto.

O baile diminuto   Lectura O baile diminuto

Pecharon esta sesión de lectura Ainhoa e Nuria. Foi unha pena que Alba, que participou en todos os ensaios, este día non puidese ler. Estas dúas compañeiras leron Frederick escrito por Leo Lionni.

Lectura de Frederick  Frederick

Moitas gracias a todos os participantes, lectores, lectoras e asistentes. Vémonos na seguinte sesión de lectura.

Lecturas da Paz

 

O pasado día, 30 de xaneiro, conmemoramos o dia da Paz no noso centro con diversas actividades. Na biblioteca  adicámoslle unha sesión de lecturas a este importante tema, que tivo lugar o venres 1 de febreiro.

Participaron cinco alumnas e dous alumnos. Os sete comezaron a sesión lendo diversos artigos da "Declaración Universal dos dereitos do neno".

De seguido tres compañeiras de 5º leron un interesante fragmento de "El viaje de Teo", obra escrita por Catherine Clément.

Lectura de "El viaje de Teo"

As seguintes foron as dúas lectoras máis novas da sesión que leron "Bandada", un conto escrito por Mª Julia Díaz e David Daniel Álvarez.

Lectura de Bandada

Finalizaron a sesión estes dous alumnos que leron "Migrar" de J. Manuel Mateo e Javier Martínez.

Lectura de Migrar

Agardámosvos na seguinte sesión de lectura.

 

Lecturas de Nadal

 

O luns 17 de decembro tivo lugar unha nova sesión de lecturas. Nesta ocasión o tema foi o Nadal. Aquí podedes ver algunhas fotos da sesión.

Aquí vemos a dous compañeiros de 2º lendo o conto "Tento e mailo Nadal"

Lectores de Tento e mailo Nadal

Estas tres amigas están lendo un conto de Andersen.

Lectoras de Contos de Andersen

Estas dúas compañeiras leron "Canto de Nadal".

Lectoras de Canto de Nadal

"Paulina", o conto de Ana María Matute, foi o escollido por estas alumnas para esta sesión de lecturas.

Lectoras de Paulina

Estes tres alumnos de segundo leron o conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis", un clásico das sesións de lecturas da nosa biblioteca.

Lectores de Cando Martiño...
E aquí estou eu.
Felicitación de Ramoniño
Distribuir contido


by Dr. Radut