Skip to Content

Biblioteca

Sesión de lectura de novembro

O día 28 de novembro tivemos outra sesión de lectura na biblioteca do noso centro. Nesta ocasión un alumno e nove alumnas de 5º e 6º de educación primaria leron, en representación dos seus compañeiros e compañeiras de ciclo, un conto escrito por todos eles para conmemorar o Samaín.

Aquí podedes ver aos dez lectores.

Lectoras de 5º curso

          Lector e lectoras de 6º curso 

 Sesión de lectura

 

 

 

Aquí podedes observar un momento da sesión de lectura.

Había moitos alumnos e alumnas escoitando atentamente este orixinal conto.

Lecturas de medo

Un día ao mes, no recreo, vaise facer unha sesión de lectura. Pode ser cun tema determinado ou libre. Nesta ocasión, o 31 de outubro, léronse relatos de medo.

Aquí podedes ver o taboleiro do corredor que as anuncia.

Taboleiro das lecturas de medo

 

Como podedes ver non lle teño medo a eses morcegos que andan a voar ao meu redor.

Agora vouvos amosar ás lectoras e lectores dese día tan... terrorífico.

Aquí tedes a estas compañeiras lendo o conto "Murciélagos en la biblioteca" de Brian Lies.

Lectoras de "Murciélagos en la biblioteca"

 

Estas dúas amigas leron un fragmento do libro "Kika no castelo de Drácula". de Knister.

Lectoras de "Kika no castelo de Drácula"

 

Estas dúas compañeiras de cuarto leron "Contos do Valadouro", unha obra escrita por varios autores.

Lectoras de "Contos do Valadouro"

 

A continuación estas dúas alumnas leron unhas páxinas dunha adaptación de "Drácula", de Bram Stoker.

Lectoras de "Drácula"

 

Por último, estes dous terroríficos e arrepiantes alumnos de segundo leron o conto "Quen lle ten medo ao lobo?", de Fanny Joly.

Lectores de "Quen lle ten medo ao lobo?"

Os meus parabéns a todos estes lectores e lectoras. Fixérono moi ben. 

Distribuir contido


by Dr. Radut