Visitounos o entomólogo Miguel Santamaría para participar no obradoiro de insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Vivimos unha experiencia moi interesante! Podedes descubrila no seguinte vídeo (clicade na imaxe). Grazas, Miguel!
Nestes días confinad@s aproveitamos para poñer en práctica as receitas que tiñamos gardadas. Compartimos con vós as imaxes, os pratos estaban boísimos!!!!
Preme na ligazón para veres as imaxes: Masterchef quinto.
A ANPA Río Tella participa de forma activa no Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA) do Concello de Teo. Unha das actuacións é a creación dun mural, no patio do CEIP A Ramallosa, froito da participación dos alumnos de 5º e 6º de Eduación Primaria, tanto na concepción do propio mural como no traballo de pintura en parede.
Máis información aquí
Alumnado de quinto curso, colaboradoras e colaboradores na confección do mural.
Imaxe: ANPA Río Tella (Premer sobre a foto para ampliar)
Para conmemorar o "Día da poesía" inauguramos un espazo onde queremos facer pequenos recunchos de radio.
Comezamos con algúns poemas.
Esperamos que vos gusten.
(Preme na imaxe)
O noso centro é un dos seleccionados para participar nun novo proxecto: a incorporación da robótica aos niveis de quinto e sexto de primaria.
Hoxe asistimos á presentación do mesmo, onde compañeiras e compañeiros que xa levan anos desenvolvendo este tipo de experiencias amosáronnos algunhas actividades creadas polo seu alumnado.
Ábrense novas posibilidades de traballo interdisciplinar, para seguir avanzando na aprendizaxe de xeito paralelo á evolución da sociedade. Todo un reto, unha nova ilusión.
Na imaxe podedes ver os novos inquilinos do cole, que chegan para quedarse.
Contribución do alumnado
de 5º de Primaria no
"Día internacional contra a
violencia de xénero"