Skip to Content

Aula de Música

Pincha nas imaxes para entrar noutros contidos da Área...

Blogue de Óscar    Logo Precusión Trad

Covid Música   Músicos galegos   VídeoLog Tª Musica 

  Logo Linguaxe musical     logo baixo e batería   Logo frauta  

crea música

  

"A IMPORTANCIA DA MÚSICA E A PRÁCTICA INSTRUMENTAL"

NOVIDADES e INFORMACIÓN Ed. Musical (Curso 2023_24)

Estimadas familias:                                               

 

En primeiro lugar, quero darvos a benvida a todos/as un ano máis e moitos ánimos para este inicio de curso.  

No CEIP Plurilingüe da Ramallosa, somos conscientes da relevancia da transformación das comunidades de aprendizaxe, e esforzámonos día a día para seguir incorporando metodoloxías innovadoras e motivadoras na aula. Sen esquencer outros contidos e actividades máis tradicionais que non deixan de ser importantes por moito que pase o tempo. Para todo isto desenvolvemos diferentes proxectos e actividades que nos parecen de gran interese para os nenos. Moitos están directamente vinculados á Área de Ed. Musical; Proxecto UkeCole, Proxecto Percusión Tradicional Galega, Radio Escolar, Polos Creativos, Proxecto Recollida...

 

 

CADERNOS DE TRABALLO:

Quero empezar por comentarvos unha novidade que me parece importante para os vosos fillos/as.

Finalmente e despois de darlle moitas voltas, quero incorporar ao traballo da Área de Ed. Musical, un caderno de linguaxe musical.

 

Un dos motivos principais é reforzar de cara ao instituto esta parte da área, onde é importante que leven mínimamente traballados certos conceptos.

Evidentemente sempre o traballabamos na aula, a través de vídeo-titoriais, fichas, na pizarra... Pero percibo que non é suficiente.

 

Por outra banda, estes cadernos serviranlles para varios cursos (no caso de 4º-5º e 6º), e como “guía resumo” e consulta para cando traballen estes contidos na ESO.

 

- Este sería o caderno que tería que mercar o alumnado de 1º e 2º

Aprender jugando

la música 1

Editorial: EUROPEAN MUSIC CENTER (1 julio 2007)

ISBN 13: 978-849358140

 

PREZO: 9€

 

- Este sería o caderno que tería que mercar o alumnado de 3º de Ed. Primaria

Aprender jugando

la música 2

Editorial: EUROPEAN MUSIC CENTER (1 junio 2008)

ISBN: 9788493581480

 

PREZO: 9€

 

 

 

- Este sería o caderno que tería que mercar o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

Aprendiendo la Teoría Musical 1

Editorial: Piles, Editorial de Música, S.A.; N.º 1 edición (21 agosto 2018)

ISBN 10: 8417195181

ISNN 13: ‎978-8417195182

 

PREZO 20€

 

O libro non está dispoñible en todas as librerías. Pero dispoñedes del en calquera destas do noso concello:

- “Librería D’Ana” (A Ramallosa - Teo). 

Telfs: 981803844 (Ana)

          669829074

(encargos por whatssap preferiblemenete)

Ubicación: https://maps.app.goo.gl/NEbvK6ZscSSFLVEm8

 

- "A Vagoneta Educativa" (Montouto - Teo)

Telf. 981 943 023 (Sonia)

Ubicación: https://g.co/kgs/LHVx4T

 

Podedes encargar telefónicamente os libros. Xa están Ana e Sonia ao tanto de todo e poden asesorarvos sobre calquera dúbida que teñades. Con decirlle o curso que fai o neno é suficiente.

 

 

Dende a Área de Educación Musical, continuaremos tentando facer o máis enriquecedora e motivadora posible para os cativos área de Ed. Músical.

Seguiremos sen empregar de forma protagonista a frauta, polo que, un anos máis, non terán que mercala en ningún curso. Isto non significa que non vaiamos a dar ningún tipo de formación relativa a este instrumento de vento.

 

Darémoslle continuidade, por sexto ano consecutivo ao "Proxecto Ukecole", mantendo a dinámica do ano pasado de traballar con este instrumento dende 4º ata 6º de Ed. Primaria.

Tamén seguiremos traballando no "Proxecto de Percusión Tradicional Galega", para o que lles solicitaremos a compra dunha pandeireta a partir do 3º curso de Ed. Primaria, instrumento que seguirán tocando durante toda a etapa de Ed. Primaria.

 

En 1º e 2º de Ed. Primaria, os discentes tamén aprenderán a tocar diversos instrumentos relacionados coa música tradicional; cunchas, culleres, tixola, bombo.... pero non é preciso que merquen nin traian nada á aula. O mesmo ocorre co alumnado de Ed. Infantil. 

 

Como xa mencionamos, a todo este traballo sumaranse outras moitas propostas e proxectos musicais, instrumentos de aula (Placas ORFF, Baixo eléctrico, batería,...). Pódese visionar toda a liña de traballo da área a través da nosa propia páxina web da Área de Música "RAMALLOSA MUSICAL

 

Moitos dos contidos da área, son tamén parte do xerme que propiciou o premio que recibimos do "Proxecto Didáctico Antonio Fraguas". Unha recompensa á nosa labor educativa e ao empeño por poñer en valor a nosa música, cultura, tradición, lingua, natureza... 

O resultado de todo este traballo que estamos a facer tamén o expoñeremos en diferentes formatos en setembro-outubro do 2023 no "Museo do Pobo Galego", que xunto a "Fundación Antonio Fraguas" e o apoio de Política Lingüística convocan este importante galardón educativo.

  

 

INFORMACIÓN COMPRA DE INSTRUMENTOS:

"UKELELE e PANDEIRETA"

 

No que respecta aos instrumentos, manteremos a dinámica que citamos anteriormente.

En 3º de E. primaria implantamos a aprendizaxe da pandeireta e a partir de 4º introducimos o Ukelele e seguimos traballando coa pandeireta en semanas alternas.

Tería que mercar instrumento o alumnado de 3º (pandeireta) e o de 4º (ukelele). Así como o alumnado novo no centro que curse estos niveis (4º,5º e 6º), que precisaría pandeireta e ukelele.

 

"PANDEIRETA":

Posibles puntos de venda (Artesáns locais)

 

- Pablo Seoane: 657 810 611

- Iago Salgado: 625 876 502

 

Importante contactar antes para encargalas ou verificar se dispoñen de stock.

Tamén vos poden asesorar eles sobre a conveniencia (pros e contras) do tipo e tamaño de pandeireta.

  

PREZO: 

O prezo actual das pandeiretas é de 45€, pero tanto "Pablo" coma "Iago", ao igual que todos os anos anteriores, en deferencia coa ANPA

e coa Área de Ed. Musical do Centro, faralles a todo o alumnado un desconto adicional do 10% na compra da pandeireta.

Resumindo, o prezo final sería de 40,50€ (Bolsa e cera incluídas).

 

O mesmo desconto seravos aplicado tamén para outros instrumentos tradicionais que queirades mercar en calquera momento: bombo, tamboril,… 

https://www.ramallosamusical.com/artes%C3%A1ns-do-noso-concello  

 

IMPORTANTE: Mercar unha cinta do pelo para para asordar as ferreñas da pandeireta. Para practicar na aula e na casa.

Algo así: https://amzn.eu/d/7KivE84 (podedes atopala en calquera bazar ou tenda de complementos). 

 

"UKELELE":

Mercar o tamaño CONCERTO (Marca Flight, ou similar). Xa vos aconsellan na propia tenda.

A maiores, 3 púas brandas (0,60 nylon), 1 garda-púas adhesivo e un afinador de pinza básico (preferiblemente Admira At01A - ou similar).

TENDAS:

Pauta Música (Área Central - Santiago)

663 117 716

881 941 611

 

Maril Música TEO (Ramón)

Telf. 613 045 994

Ubicación:

https://maps.app.goo.gl/QSNjLCWeDhguANLH8?g_st=ic

 

 

PREZO: 52€ (funda incluída)

As tenda "Pauta Música" e "Maril Música", en deferencia coa ANPA do centro, fará a maiores un agasallo a todas as familias que sexan SOCI@S da mesma. Regalaranvos as "púas" e o "portapúas adhesivo".

DOCUMENTO XUSTIFICATIVO: Para recibir ese desconto, só tendes que presentar na tenda de música o voso carnet da ANPA.

 

Telf. contacto ANPA:

627 78 26 88 (Marta)

Enlace para darse de alta:

https://anpariotella.wordpress.com/?fbclid=IwAR21HUYAvfPJ-olLnesn75suliWFh-5lSNgmhUvrKlao8CCexejX6zH2SWY  

 

 

     Logo Precusión Trad

 

 

 OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE:

 

Sobra dicir que teremos que agardar a que os instrumentos cheguen para iniciar con normalidade a aprendizaxe dos mesmos. Non vos agobiedes, pois iremos traballando outras cousiñas. Deixamos a vindeira semana de marxe para que poidades ir facendo as xestións pertinentes na compra dos materiais/instrumentos indicados.

En canto dispoñan deles xa os poden ir traendo á aula!

 

IDENTIFICACIÓN:

Os instrumentos e fundas deben vir debidamente identificados co nome do alumno/a para evitar que se estravíen no centro ou no autobús.

 

Lembrarvos que dispoñemos dun pequeno “BANCO DE INSTRUMENTOS de PRÉSTAMO”, grazas ao apoio da nosa ANPA. Por se a algunha familia lle viñese mal afrontar agora mesmo a compra dos instrumentos.

Se é así, non tendes máis que comunicarmo a través do seguinte mail de contacto, indicando nome do alumno/a e curso.

correo: oscar.ramallosa@gmail.com

 

APOIO ao ALUMNADO:

Seguiremos empregando as páxinas web da Área para acompar o estudo do alumnado e o traballo noutros proxectos educativos:

 

Ramallosa Musical: https://www.ramallosamusical.com/

 

Proxecto Ukecole: https://proxectoukecole.blogspot.com/

 

Web Corporativa: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/taxonomy/term/72

 

Moitísimas grazas unha vez máis pola vosa colaboración e compromiso. Sei do esforzo económico que todas as familias asumimos nestas datas, polo que o agradecemento é se cabe maior aínda.

Só desexo, que sirva para sementar en moitos nenos/as o fermoso e beneficioso mundo da música. Tan importante para o desenvolvemento intelectual e emocional.

 

Beneficios da música. Tocar un instrumento:

https://www.youtube.com/watch?v=hpc3r4ZM7Vk

 

 

DÚBIDAS HABITUAIS:

 

1. Cando teñen que levar a clase os instrumentos? Cando "empezan"? 

Tanto co ukelele como coa pandeireta, a intención sería poder empregalos o antes posible, pero non quero poñer prazos, porque entendo que a volta ao cole sempre é un pouco estresante co material e toda a reorganización familiar. En todo caso, nós xa estamos traballando en aula en contidos relacionados con estes instrumentos. 

De feito, quixen compartir agora toda a información para deixar un tempo prudencial e deixarvos respirar un pouco despois do atracón de libros, material etc.

Aproveito para aconsellarvos que se tendes pensado mercar unha pandeireta tradicional, dependedes tamén de que os artesáns teñan en "stock" instrumentos feitos (co que non soe haber problema). Pero si sería bo que fixerades o encargo en tempo.

 

Como soemos facer nos cursos de 4º, 5º e 6º, iremos rotando os instrumentos! Unha semana ukelele, outra pandeireta (e así sucesivamente).

(A vindeira semana centrarémonos na parte de Música Tradicional/pandeireta.)

Os motivos de rotar son varios:

- Rendabilizar máis o traballo na aula, dado o escaso tempo semanal que temos para a materia de Ed. Musical.

- Evitar que os discentes veñan moi cargados de peso, tendo en conta que xa a mochila lles supón un peso máis que suficiente.

- Tentar darlle tempo aos cativ@s para traballar cos diferentes instrumentos. Para o que tamén preciso da vosa axuda, fomentando que leven o traballo de música día a día! Basta con que estedes pendentes de que practican o que facemos na aula.

Que organicemos o traballo de cada instrumento semanalmente non significa que só poidan tocar cada instrumento de 15 en 15 días. Senón todo o contrario. A práctica instrumental, como todas as cousas, require dun mínimo de adicación personal constante. Contarán con todas as ferramentas e tempo para poder facelo e o nivel de esixencia será acorde á presenza da área no currículo.

Nota metodolóxica: É mellor que toquen 5 minutos cada día, que deixar para o día antes da clase a práctica do traballo proposto dúas semanas antes. Non tería sentido! Non se lembrarían de nada e o avance no instrumento sería nulo. Para iso, a vosa colaboración é vital! Non digo que teñades que ensinarlle cousas de música, simplemente que vos interesedes polo traballo da área diante deles. Preguntándolle o que teñen que facer igual que facemos os papis/mamis noutras áreas, pedíndolles que vos ensinen e toquen o que están a aprender, etc

Así, xuntos motivarémolos e faremos que aprendan a ser disciplinad@s, organizad@s e responsables do seuSorriso

 

2. Poden compartir instrumento dous irmás? Váleme un que teño na casa? 

Tanto no caso do ukelele como da pandeireta, se teñen algún na casa que esté en "bo estado" (dun irmá, regalado,...) vale perfectamente, sempre que esté en bo estado e sexa axeitado para a práctica instrumental.

Tamén podedes compartir entre irmáns o mesmo instrumento. Incluso no cole! Sempre que non estean no mesmo grupo-clase. Aínda que coincida a clase de música no mesmo día, podemos organizar para que na hora de música poidan empregar o da/o irmán indo a recollelo á súa clase. 

 

3. Que tamaño de pandeireta compro? Sete ou nove pares (de ferreñas)?  Agora mesmo (polo tamaño da súa man, forza e demais...), a que mellor lle viría sería a de 7 pares (especialmente ao alumnado de 3º e 4º. Pero por outra banda, a de 9 pares é "definitiva". É dicir, aforrarían de volver a mercar pandeireta. Valeríalle para toda a vida! Por iso é difícil ás veces recomendar unha ou outra a estas idades. Resumindo, para o que sería a etapa de primaria, quedaríalle xenial a de 7 pares porque é máis manexable. Pero se a seguen tocando, máis adiante, terían que mercar unha de 9 pares, porque lle quedaría pequena a de 7. Agardo que lles axudara na decisión☺

 

4. Terían que levar e volver a levar o instrumento para a casa? Poden deixalo no cole? O instrumento teñen que traelo e levalo, para que poidan ir tocando na casa e avanzando. Como en calquera instrumento ou actividade, a práctica é fundamental para avanzar nas apredizaxes que iremos traballando na aula. E tamén de cara á avaliación final dos mesmos.

 

5. Onde deixan o instrumento unha vez cheguen ao cole? Haberá un sitio no centro asignado para poder gardar os instrumentos o día que teñen música.   

 

6. Teñen que "levar o nome posto"? Igual que coa roupa, é importantísimo identificar co nome do alumno tanto os instrumentos como a funda. Fágano do xeito que prefiran, coidando non estropear moito o instrumento, que sería unha mágoa. No caso do ukelele podedes poñelo na zona onde está o "clavijero" (onde se afina, por detrás, en pequeno). E coa pandeireta, facelo tamén na parte interior da madeira en pequeniño (queda máis escondida). Coas fundas é máis sinxelo! Seguro que teñen ideas incluso mellores, pero é por darlles eu algunha opción. 

 

 

Para calquera outra dúbida, poden contactar comigo a través do seguintes medios:

correo electrónico: oscar.ramallosa@gmail.com

- Vindeira asamblea e reunións de titoría que se farán proximamente no centro trala comunicación de cada titor/a. 

Atte. Óscar (Mestre Especialista de Ed. Musical) 

Cóntame foto final

PREMIO ANTONIO FRAGUAS

DÚBIDAS 2020_21

CURSO 2020_21

DÚBIDAS DE VARIAS FAMILIAS:

 

Cando teñen que levala a clase? Cando "empezan"? Tanto o ukelele como a pandeireta, sería para empezar o antes posible,  pero non quero poñer prazos, porque entendo que andamos todos a patacón por cuarta entre traballos, volta ao cole... 

De feito, quixen compartir agora toda a información para deixar un tempo prudencial e que poidan ir organizando a compra. Sobre todo, porque coas pandeiretas tradicionales dependedes tamén de que os artesáns teñan en "stock" instrumentos feitos. Así que, sería bo que fixerades o encargo en tempo.

Finalmente, empezamos coa pandeireta e as cunchas no Proxecto de Percusión tradicional, a semana do 12 de outubro (despois da ponte).

A partires desa semana, iremos rotando! Unha semana ukelele, outra pandeireta e culleres (e así sucesivamente).

Os motivos desta decisión  son varios:

- Rendabilizar máis o traballo na aula, dado o escaso tempo semanal que temos para a materia de Ed. Musical.

- Evitar que os discentes veñan moi cargados de peso, tendo en conta que xa a mochila lles supón un peso máis que suficiente.

- Tentar darlle tempo aos cativ@s para traballar cos diferentes instrumentos. Fomentando, iso sí, que leven o traballo de música día a día! É mellor que toquen 5 minutos cada día que non deixar para o día antes da clase a práctica do traballo proposto dúas semanas antes. Non tería sentido! Non se lembrarían de nada e o avance no instrumento sería nulo. Para iso, pídovos tamén a vosa "axuda"! Así faremos que tamén aprendan a ser máis disciplinad@s e organizad@s.

 

Poden compartir instrumento dous irmás? Váleme un que teño na casa? Tanto no caso do ukelele como da pandeireta, se teñen algún na casa que esté en "bo estado" (dun irmá, regalado,...) vale perfectamente, sexa o modelo que sexa.

Tamén podedes compartir entre irmáns o mesmo instrumento. Incluso no cole! Sempre que non estean no mesmo grupo-clase. E ainda que coincida a clase de música no mesmo día, podemos organizar para que na hora de música poidan empregar o da irmán indo a recollelo á súa clase. 

 

Que tamaño de pandeireta compro? Sete ou nove pares (de ferreñas)?  Agora mesmo (polo tamaño da súa man, forza e demais...), a que mellor lle viría sería a de 7 pares (especialmente ao alumnado de 3º e 4º. Pero por outra banda, a de 9 pares é "definitiva". É dicir, aforrarían de volver a mercar pandeireta. Valeríalle para toda a vida! Por iso é difícil ás veces recomendar unha ou outra a estas idades. Resumindo, para o que sería a etapa de primaria, quedaríalle xenial a de 7 pares porque é máis manexable. Pero se a seguen tocando, máis adiante, terían que mercar unha de 9 pares, porque lle quedaría pequena a de 7. Agardo que lles axudara na decisión☺

 

Terían que levar e traer o instrumento o día que teñen música, ou poden deixalo no cole? O instrumento teñen que traelo e levalo, para que poidan ir tocando na casa e avanzando. Como en calquera instrumento, a práctica é fundamental para avanzar nas apredizaxes que iremos traballando na aula. E tamén de cara á avaliación final dos mesmos.

Pregamos tamén, que sexan coidadosos coa hixiene das fundas dos instrumentos. Nesta situación, toda precaución é pouca.

 

Onde deixan o instrumento unha vez cheguen ao cole? Haberá un sitio no centro asignado para poder gardar os instrumentos o día que teñen música.   

 

- Teñen que "levar o nome posto"? É importantísimo identificar co nome do alumno tanto os instrumentos como a funda. Fágano do xeito que prefiran, coidando non estropear moito o instrumento, que sería unha mágoa. No caso do ukelele podedes poñelo na zona onde está o "clavijero" (onde se afina, por detrás, en pequeno). E coa pandeireta, facelo tamén na parte interior da madeira en pequeniño (queda máis escondida).

Coas fundas é máis sinxelo! Seguro que teñen ideas incluso mellores, pero é por darlles eu algunha opción.

 

- Que son as cunchas? Refírome a dús "cunchas de vieira". Só terían que traelas o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria

                                      

 

Teño que mercar unhas culleres? Entendo que non, pois serían dúas culleres das que temos na casa (as de metal sopeiras de toda a vida).

Culler                  Culler

 

Mil grazas por todo o voso apoio e comprensión!! Está sendo complicado, pero todos xuntos imos poder con este bichiño. Calquera cousa, aquí estamos para o que faga falla.  

 

 

 

NADAL 2020_21 

Cando chegamos onte á aula de música, tiñamos un agasallo dos REIS MAGOS agardándonos

Mandámoslle unha carta a través da ANPA pedindo unha axudiña para iniciar o “Banco solidario de instrumentos”. E vaia se chegaron cousiñasRisa

Grazas un ano máis á nosa “ANPA Río Tella” polo seu traballo e implicación a prol da Ed. Musical.

     

     Agasallo Reis 1 banner música vertical Agasallo reis 3

    Agasallo Reis 2  Agasallo Reis 5

    Agasallo Reis 6   

    

    ===================================

NOVOS INSTRUMENTOS PARA A AULA DE MÚSICA!!

Este ano, a aula de música do centro quedará dotada cun baixo eléctrico, unha batería eléctrica con pad de malla e unha mesa de son para amplificar todos instrumentos así como para traballar a técnica vocal con micrófono

Todo isto grazas á nosa ANPA, que tivo a ben facer esta inversión dentro do programa de mellora de materiais para o centro.

Estamos súper agradecidos, tanto dende a Área de Ed. Musical como dende a dirección do centro. Pois para nós, o desenvolvemento das competencias artísticas dos discentes tamén é unha prioridade. E sen dúbida, estas novas ferramentas de traballo daránnos a posibilidade de ampliar o abano de instrumentos cos que traballar cos cativos/as e de paso seguir motivando aos nenos a iniciarse na práctica dalgúns déstes. Cos que de seguro o van a pasar pipa!!

Estamos a facer pequenas "obras" na aula para reorganizar os espazos e en nada xa estarán os peques disfrutando cos nosos novos xoguetes da aula.

Despois da incorporación do "Proxecto UkeCole" á asignatura de música para os cursos de 5º e 6º, este ano imos de sorpresa en sorpresa!!

Mil grazas unha vez máis á "ANPA Río Tella" pola súa labor e apoio a toda a comunidade educativa. É un aunténtico luxo contar cun grupo humano tan traballador e eficiente. Comprometido cos pais/nais, profesorado e en xeral coa mellora da educación dos pequechos e pequechas deste noso CEIP da Ramallosa. 

 

 

 

 

OUTRAS COUSIÑAS!!

"O SamaGosto"

Peza creada cpara o o alumnado do centro, como "canción oficial" da nosa festa do Samaín e o Magosto.

Preme aquí para descargar a partitura

 

HISTORIA DA MÚSICA:

- Hª DA MÚSICA EN COMIC AQUÍ

 

PLAYBACK HIMNO RAMALLOSA.

("VIVA LA VIDA" Coldplay)

 DESCARGA A LETRA DESTE 2018_19 AQUÍ

 

"TALLER DE HAND E PERC. TRADICIONAL"

...

Xogo das arañas

Aquí vos deixo un xogo moi divertido e sinxelo para practicar a lectura no pentagrama. Preme aquí

 

Música celta

Distribuir contido


by Dr. Radut