Skip to Content

NOVOS INSTRUMENTOS PARA A AULA DE MÚSICA!!

Este ano, a aula de música do centro quedará dotada cun baixo eléctrico, unha batería eléctrica con pad de malla e unha mesa de son para amplificar todos instrumentos así como para traballar a técnica vocal con micrófono

Todo isto grazas á nosa ANPA, que tivo a ben facer esta inversión dentro do programa de mellora de materiais para o centro.

Estamos súper agradecidos, tanto dende a Área de Ed. Musical como dende a dirección do centro. Pois para nós, o desenvolvemento das competencias artísticas dos discentes tamén é unha prioridade. E sen dúbida, estas novas ferramentas de traballo daránnos a posibilidade de ampliar o abano de instrumentos cos que traballar cos cativos/as e de paso seguir motivando aos nenos a iniciarse na práctica dalgúns déstes. Cos que de seguro o van a pasar pipa!!

Estamos a facer pequenas "obras" na aula para reorganizar os espazos e en nada xa estarán os peques disfrutando cos nosos novos xoguetes da aula.

Despois da incorporación do "Proxecto UkeCole" á asignatura de música para os cursos de 5º e 6º, este ano imos de sorpresa en sorpresa!!

Mil grazas unha vez máis á "ANPA Río Tella" pola súa labor e apoio a toda a comunidade educativa. É un aunténtico luxo contar cun grupo humano tan traballador e eficiente. Comprometido cos pais/nais, profesorado e en xeral coa mellora da educación dos pequechos e pequechas deste noso CEIP da Ramallosa. 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut