Skip to Content

Composicións musicais

As nosas composicións musicais

Música creada para os nosos proxectos, actividades...

 

"EcoRock"

 

Velaquí vos deixamos o videclip da canción oficial do noso Proxecto deste ano, "EcoTeo; Ramalloseir@s coa natureza”.

Foi un traballo levado a cabo co alumnado de 6º de Ed. Infantil. Sempre coa axuda inestimable das profes titoras! Neste caso, Mónica e Laura

Mil grazas a todas as familias, alumnado e mestres compañeir@s participantes no Proxecto ao longo destes cursos.

Lembremos sempre, que vivimos, grazas aos agasallos deste noso planeta!

É a nosa "obriga vital" respectalo e darlle aloumiños día a día entre tod@s.

Sexamos responsables!

Agradecementos tamén á "A CASA DO ROCK", centro oficial da "RockSchool MUSIC" en Santiago de Compostela. Por cedernos a base instrumental sobre a que fixemos os pertinentes arranxos musicáis e a letra da canción, para crear o temazo do Proxecto deste ano.

 

 

 

 

 

"EcoRegueifa"

 

Composición musical interpretada polo alumnado de 6º de Ed. Primaria, premiada na IV Edición do recoñecido certame de Regueifas ENREGUÉIFATE. En concreto, dentro da categoría da "Regueifa máis Reivindicativa".

 

A nosa, "EcoRegueifa", interpretada pola nosa "Banda EcoTeo",afonda sobre a temática iniciada no proxecto do centro do curso pasado “EcoTeo”. Na que reivindicamos a importancia do coidado do noso Planeta...

 

Sen máis, deixámosvos o vídeo dos Ramalloseir@s cantando a xa premiada "EcoRegueifa", e un Karaoke da mesma. Parabéns regueifeir@s!

 

 

 

 

 

 

 

"SamaGosto"

 

Velaquí a nosa canción oficial da celebración no cole do "Samaín" e o "Magosto".

 

 

 

 

 

 

 

 

"Himno Oficial do Centro":

 

A canción por excelencia dos ramalloseiros/as!! Esta adaptación do coñecido tema do grupo ColdPlay (Viva la Vida), ten poderes máxicos para facer tremer os nosos corazonciños e saltarnos as vágoas. Aquí vos deixamos o resultado final e tamén unha versión en modo karaoke para que desfrutedes cantándoa.

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

"A porta violeta" (25N) 

Aquí vos deixamos a gravación do arranxo musical desta canción versionada en galego para conmemorar o "Día MundiaContra violencia de xénero" o 25 de Novembro.

Incluímos no video o video titorial para tocala en ukelele e a letra para cantala en modo karaoke.

Tamén achegamos o vídeo co resultado final de todo o traballo, no que o alumnado de 4ºA representou tamén toda a canción con lingua de signos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut