Skip to Content

As Viaxes

(Curso 2016_17)

Un petisquiño das coreografías do NOSO ENTROIDO

 

 

OS FILMES DO PROXECTO. Curso 2016-17

Filme: "As viaxes de Infantil".


 

 Filme: "As viaxes de Primaria".

 

 

 

EXPOSICIÓN DO PROXECTO DAS VIAXES

A nosa exposición é un éxito! Moitas familias están a participar na visita turística polos países da volta ao mundo.

Preme na primeira foto se quixeres un paseo virtual.

 

 

GRANDE ESTREA PARA AS FAMILIAS

PREPARAMOS A EXPOSICIÓN DAS VIAXES

Con todo o traballo elaborado fixemos unha exposición da que estamos moi orgullosos... Traballamos todos dende os máis pequenos ata os máis grandes..

NON TODO ÍA SER TRABALLAR... TAMÉN HAI QUE BAILAR...

E chegou o entroido. Este curso o proxecto da biblioteca inundou todo o colexio. Así que preparamos bailes dos diferentes países que traballamos... Francia, Italia, Exipto, China. USA, Inglaterra... Nin que foramos seguindo a Phileas Fogg...

 

 

 

 

BUSCAMOS INFORMACIÓN ... PARA VIAXAR CON SEGURIDADE

Buscamos información sobre os paises e cidades que seleccionaramos. Usamos libros da biblioteca, datos da internet, documentos que trouxeron os alumnos e alumnas da casa... 

 

 

UN AGASALLO MOI ESPECIAL...

A volta das vacacións de Nadal topamonos cun agasallo moi especial... Na árbore de Nadal había un libro para cada aula. Un suxerente libro para comezar a viaxar...

 

 

 

 

CARTA DE ROCKY

Rocky, a nosa mascota da Bilioteca, enviounos unha carta a cada aula para animarnos e invitarnos a viaxar. Preparade a maleta que imos comezar.

 

COMEZAMOS...

O Equipo de Biblioteca na primeira reunión do curso, decide traballar o proxecto: "As viaxes". Esta actividade será o centro de interese do curso escolar 2016-2017 e implicará ao alumnado, profesorado de Infantil e Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut