Carreira Solidaria contra a Leucemia Infantil

                                                                      

O martes, 20 de febreiro o noso centro uniuse á carreira solidaria contra a leucemia infantil da Fundación Unoentrecienmil. Non houbo primeiros nin últimos

postos, pero si moita ilusión e gañas de axudar a que tódalas nenas e nenos con leucemia poidan saír adiante. Toda a comunidade educativa colaborou co seu

donativo para recadar fondos que permitan seguir investigando.