Animación á lectura

Despedida

Ola nenos e nenas! Despídome de todos ata setembro. Deséxovos un bo verán e unhas felices vacacións. Un bico moi graaaaande. Déixovos esta manualidade para que vos entreteñades un anaco facendo o voso mini-libro. Podedes personalizalo e decoralo como queirades.

Quero agradecer o labor realizado polos alumnos e alumnas de sexto de Primaria e ao seu titor neste curso na biblioteca do colexio. Tamén agradecer a colaboración da coidadora. A todos eles doulles as grazas como coordinadora da biblioteca, xa que a súa participación foi moi importante para o desenvolvemento desta. Tamén quero desesxarlles aos alumnos de sexto unha boa entrada no instituto.

Moitos bicos,

Mª Luisa

Día do Libro

Para conmemorar o Día do Libro, pásovos este enlace onde poderedes descargar lecturas adaptadas a cada idade.

LIBROS

Tamén podedes confeccionar o voso propio marcapáxinas. Aquí tedes un enlace para axudarvos.

MARCAPÁXINAS

Saúdos para todos,

María Luisa.

Letras galegas 2015 Poemas

Na primavera nacen as flores

que teñen moitas cores.

E tamén crece o xirasol

que xira como Sol.

 


Victor Ruzo Barros 1º


 

 


A xoaniña bonitiña

tiña unha capa amareliña,

uns ollos de cor auga mariña

e moitos lunares rosiña.

 

Renata Pía Rial 1º

 

 


Na primavera

serás a primeira

en ver flores

de todas as cores

 

 

Laura Ourens Rabina 1º

 

 

 


Esas preciosas flores

están cheas de cores.

E o caracol

toma o Sol no xirasol.

O paxaro está voando

todo o mundo está xogando.

 


Beatriz Juanatey Orol 1º

 

 



Xa ven a primavera,

e a miña amiga Vera

xoga coas flores

de moitas cores.

Colleu un caracol

que estaba encima dun xirasol.

 


David Hernando Alvariñas 1º

 

 




Vou correndo como un foguete

montado sobre o meu patinete.

Vexo no parque aos meus amigos

patinamos todos unidos.

 


Rubén Estevez Feijoo 1º

 

 




As abellas van en parellas

as bolboretas pasean coas cometas

as formiguiñas comen miguiñas

é primavera e está á miña vera.

 

Paula Rodríguez Fariña 1º

 

 



Na primavera hai moitas flores

de varias cores.

Son moi fermosas

as plantas: margaridas e rosas.

O caracol toma o Sol

enriba do xirasol

para poñerse vermello

como un escarabello.

 

Xabi Sande Trillo 1º

 

 

 

 

 

O ceo azul

 

No gran ceo azul

voan as gaivotas,

inmenso como o mar.

É unha desgraza

que o contaminen

e eu non poder miralo,

polo meu pescozo,

que o teño mal.

 

E as nubes moi

fermosas tamén

son, con as

suas formas.

 

Tomás Ben Fernández 2º EP

 

Maxia verde

 

A natureza crece

e as árbores amanecen,

as pombas voan,

o barco cruza o mar.

 

As follas móvense,

a árbore canta,

a maxia empeza.

Ata o amor o celebra.

 

Carla Souto Duro 2º EP



O meu mundo

 

Eu vivo nun mundo

cheo de paz e alegría.

Está tan cheo

de paz e alegría,

que non me podo

resistir a sair

afora e xogar

cos paxariños e as arboriñas.

Sara Rey Vázquez 2º EP

 

 

 

A miña vida

 

Esta é a miña vida,

non podo queixarme

porque está chea de alegría.

 

Ás veces vai fatal

pero mais veces é xenial.

Miro dentro do meu corazón

e vexo un mundo de esplendor.

Así é a miña vida!

E como sempre

é moi divertida!

 

Aldara López Cabarcos 2º EP



Hai moitos animais

 

Hai moitos animais

que polo mundo han pasar.

Gaivotas, paxariños e moitos, moitos máis.

 

Vacas pastan

polo prado

verde deste

lugar.

 

Moitos animais hai

que no mundo queren

ver as cousas

como todos os demais.

 

Paula Rodeiro Iglesias 2º EP



A nosa terra

 

En Galicia nacín,

en Galicia me criei.

En Galicia queremos paz,

mellorar o meu mundo.

 

En Galicia moito mais hai,

dedícanse moitos á pesca.

En Galicia temos unha lingua bonita,

temos que mellorar Galicia.

 

Nosa terra é a nosa,

Nosas cousas de calidade,

Dende a comida ata natureza

Galicia é a miña terra!

 

Santiago Caínzos Caballero 2º EP



O mar

 

Os veleiros pasan no mar

e a min gústame velos pasar

déitome na praia

e vexo o horizonte que é unha raia.

 

Os cabaliños de mar

buceando vexo pasar

entre as algas fan nacer os bebés.

Sae do home non da muller!

 

    Íria Tosar Porto 2º EP




Polo mar

 

Polo mar van peixes

que non paran de nadar

xurelos e sardiñas

xogando van.

 

Cando o miro azul

é o mar co moitas

cores faime marabillar.

 

Nas suaves ondas

gústame navegar

a súa música faime cantar.

 

    Julia Castanedo Trillo 3º de EP





A PRAIA

 

Iba camiñando pola orilla do mar

e púxenme a xogar,

eu vin a Noa

que iba nunha canoa,

logo vin a Ramona

que iba moi mona,

na area atopeime unha morsa

que era rosa e moi fermosa.

 

    Laura Riveiro Paz 3º de EP





AS LETRAS GALEGAS

 

Neste dezasete de maio

temos moito que celebrar

a nosa lingua galega.

Quero palabras bonitas

contenta recitar.

Avoa, bolboreta

irmá, aloumiñar

delicia, coxegas

fanme alegrar

can, pai, nai

teño que pensar ....

Todas son preciosas

e temos que utilizar

 

    Nuria Gándara García 3º de EP




Xosé Filgueira Valverde

 

Todo un escritor

co seu afán emprendedor

unha morea de libros publicou.

E pasando o tempo,

o seu día chegou!!

 

    Anónimo 3º de EP




A primavera

 

A primavera todos a esperan

con portas ben abertas,

á primavera todos a queren

todos a aman

e cando chega

con ela ven a alegría e a paz.

 

    María Hilario Gestal 3º de EP





DE VACACIÓNS

 

Nas pasadas vacacións de verán

fun cos meus pais e o meu irmán.

No parque de atraccións

tiven moitas emocións.

No zoo vimos moitos animais

leóns, cebras, panteras e demáis.

No museo de ciencias naturais

vimos moitos animais, plantas e minerais.

Espero con impaciencia ó verán

para ir de vacacións co meu irmán.

 

    Álvaro Estévez Feijóo 3º de EP

 

O oso

 

O oso fachendoso desde o seu xardín fermoso

mira as estrelas na primavera.

 

Está curioso observando as abellas

que voan a vida enteira.

 

Ramona a mona gasta moitas bromas

sempre sae airosa do xardín das papoulas.

 

    Noa Sande Trillo 3º de EP



No parque

 

Corría e corría.

Saltaba e saltaba.

A nena ría

mentras xogaba.

 

No parque de Oza

cos seus amigos

facíanse mofas

e daban brincos.

 

Pasaban os anos

e ela crecía

disfrutando sen dano

feliz e tranquila.

 

Elia é o seu nome

Castaneda, apelido

Os rizos de bronce

luminoso sorriso.

 

    Andrea Souto Pico 3º de EP



A aldea

 

A miña aldeíña

é moi bonitiña.

Nela teño un can

que se chama Xoán.

Teño a miña avoa

que me comprou unha coroa.

Teño ao meu avó

que é moi bó.

E teño aos meus amigos

cos que como figos.

Tamén teño unha volvoreta

que se chama Antoñeta.

 

Paula Carballal Rama 4º EP



O Tempo

 

Os segundos son sonoros.

Os minutos de ouro.

As horas son fermosas,

grazas as súas prosas.

 

Os días son de pedra,

as semanas de marfíl,

os meses son de ouro,

e os anos son rubís.

 

Os lustros son moi longos.

As décadas aínda máis.

Os siglos son eternos.

Os milenios quen os vivirá.

 

        Irene Quintela Valiño 4º EP



A Rosalía

 

Gustaríame Rosalía de Castro ser

pasear polos prados e arboledas

e nas súas fontiñas beber.

 

Gústanme os teus poemas

as campanas de Bastabales

e os airiños da nosa terra.

 

Quero facer foliada na romería

co repoludo gaiteiro

tocar e cantar todo o día.

 

Grazas polos teus poemas, Rosalía

por iso celebramos cada ano

as letras galegas neste día

de valentía, dezasete de maio.

 

    Sara Barreiro Gándara 4º EP




MIÑA NAI

 

Miña nai é tan fermosa

coma unha rosa.

É tan bonita

coma unha margarida.

 

É moi amable

con quen fale.

É enfermeira

e cura de beira en beira.

 

É traballadora

coma unha formiga voadora.

 

Mateo Franco Tilve 5º E.P.




A IMAXINACIÓN

 

Eu non teño moita imaxinación

e tampouco son poeta

pero cando estou na habitación

non sei como...esperta!

 

Imaxino flores, flores faladoras

que tamén son sanadoras...

Un neno as pisa

e caen pola repisa!

 

Ariadna Alcalde Mahía 5º E.P.





O VERÁN

 

Xa é verán, época de xogar,

de correr,

de viaxar

e de ler.

 

Xeados frescos,

as persoas dan,

e os refrescos,

repartiranse no verán.

 

Tamén é época de nadar,

e bucear,

de vivir,

e de sentir.

 

Verán, verán,

e as persoas se mollarán

 

Iván Couto Pintor 5º E.P.



As flores

 

As flores

son puntos na pradería

de cores intensos

que bailan

ao son do vento

e estíranse ata tocar o sol

derradeiro.

 

Bailan que bailan

ao son do vento

sen saber se ese

baile é o derradeiro

bailan e bailan

o día enteiro.

Ata chegar a noite

que dormen e dormen

nun sono profundo

que dura máis dun segundo.

 

E no que elas

envolven ao mundo

con eses aromas

profundos.

 

    Alba González Ramos 6º EP

 

A choiva

Chove, chove que chove

a auga fresquiña

cae e salpica.

No mar, nas montañas,

nos ríos e nas ladeiras

cae e cae

de todas as maneiras

dun lado pa outro

da esquerda a dereita

de arriba pa baixo

móllame enteira.

No mar, nas montañas

nos ríos e nas ladeiras

vaia onde vaia

móllome enteira.

 

Escóndome e fuxo

dun lado pa outro

non dou encontrado

un lugar de paz

verdadeiro.

 

    Alba González Ramos 6º EP

 

Sae o sol

 

Como todas as mañás,

o sol reloce.

Tan lindo, que o seu roce,

levareino no meu corazón,

con alegría e paixón.

 

Sobe ao amencer.

Dalle cor aos campos

non ten tempo que perder!

Pois ao mediodía,

todos os mantos

de flores, de herba, ou as rías!

terán que estar enchidos

e moi, moi coridos,

pola luz do sol,

polo seu resplandor.

Cando chega enriba de todo,

está no cénit.

Ve nos campos todo o lodo.

E, sen perder un segundo,

baixa a limpalo todo, todo.

 

Ao atardecer,

xa está un pouco canso,

Porque aínda que lle gusta o seu traballo,

ten gañas de ir para as nubes, a súa cama, e ler.

E logo soñar, e soñar, e soñar …

Para novas terras descoñecidas explorar.

 

Pero non rematou o día.

Así que alumea tenuemente a pradería.

E, ao anoitecer,

do cansazo fai caso omiso,

e despídese cun sorriso.

 

    María Rey Fernández 6º EP



Os libros

 

Nas bibliotecas hai libros,

pero é o normal,

son mellores que Mario Bross

e non o digo por mal.

 

Teñen letras e tamén debuxos,

con eles caes nun sono profundo,

imaxina un lugar cheo de buxos

no que te divertes nun segundo.

 

Casteláns de Castela,

tratade ben ós galegos:

cando van, van de tela

e se veñen, traen cogomelos.

 

Tamén no bosque

está o gran libro

de tócame Roque

que molesta se vibro.

E se chove que chova,

din os galegos,

o libro e ser supernova

o que moitos queremos.

 

Ningún mar en calma

e ningún libro así,

entraron na miña alma

máis rápido có colibrí.

 

Que ben definía,

unha boa historia,

a nosa Rosalía

máis feliz que na noria.

 

En 2015 tócalle a Xosé,

ten ese arte de escritor,

non coma o futbolista Toché,

que é do gol o autor.

 

    Andrea Souto Duro 6º EP

Letras galegas 2015

 

Xa chegou o mes de maio e con el o momento de recordar e recoñecer o traballo altruista, continuo e silencioso dos labregos da nosa lingua.

Por caer en domingo o 17, o día dos “Cantares galegos”, foi o venres 15 cando fixemos a nosa particular lembranza desta data.

Houbo un baile do alumnado de 4º de Primaria, unha canción có pandeiro a cargo de Sara Barreiro do mesmo curso, lectura de poesías do alumnado de Primaria e entrega de premios, un baile do alumnado de 6º de Primaria e, para remate, participación de todo o alumnado nos xogos populares que se organizaron para a ocasión e que estiveron dirixidos polo alumnado de 5º de Primaria.

 

Poemas máis destacados

Poemas gañadores en versión orixinal

 

Galería de fotos.

 

Vídeo.

NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA

Ola nenos e nenas! Como sabedes, a biblioteca é un lugar máxico e cheo de ilusións, pero para que isto siga sendo así é moi importante que todos participemos e colaboremos no seu bo funcionamento. Por iso é fundamental cumprir as normas de uso da biblioteca que vos deixo aquí.

Pica no enlace: NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA

 

Apadriña 2014/15

O alumnado de 6º de Educación Primaria afecciona á lectura ao novo alumnado de Educación Infantil.

¿Cuándo vienen los mayores?

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Dous para un ou un para dous, cada un escolle a lectura ou o lector que máis lle guste.

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Nas cadeiras ou non chan, calquera sitio e bo se o tema é interesante.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Hai contos moi interesantes, pero tamén hai quen prefire seguir cós xoguetes. Cada un decide libremente.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

E ademáis da lectura hai bicos e abrazos, pero o fotógrafo non estivo lixeiro.

Na Galería multimedia tedes estas imaxes a maior tamaño.

A MOCHILA VIAXEIRA

                                                      


                                                           


   Ola nenos e nenas! Son a Bruxa Libruxa, e como cada curso teño a importante misión de conseguir que difrutedes da maxia da lectura e que vivades e compartades momentos moi divertidos e de ilusións, a través dos libros da nosa biblioteca.


   Por este motivo, un curso máis, puxen en marcha a actividade da mochila viaxeira, dirixida aos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. Esta mochila viaxará de casa en casa cada venres, chea de pequenos tesouros, como son os libros. Espero que a coidedes e que disfrutedes das lecturas propostas.


 


UN SAÚDO DA BRUXA LIBRUXA!


 

Os nosos libros. Curso 2013/2014

Ler é unha das actividades máis importantes que podemos realizar, pero escribir tamén o é.

Por iso, dentro do Plan lector, limos para nós, limos para o alumnado de Infantil e creamos historias.

A continuación temos os enlaces que vos permitirán acceder aos nosos contos

Esperamos que vos gusten.

De solitaria a suertuda 3)

Una amistad especial

¿Dónde están Poncho y Pajarín?

Los cinco cuentos

La leona comilona de la selva

El guepardo Pardo

El viaje a la India

Nadal en Sal Lence

 

SorrisoCHEGOU O NADAL Á NOSA ESCOLA!

 

 

O filósofo e sociólogo francés Edgar Morin dixo unha vez: "un libro é coma unha árbore da que a semente é levada polo vento, e así nacen novas árbores".

Dende a biblioteca do CEIP Sal Lence, seguimos literalmente esta cita e decidimos deseñar unha árbore de Nadal con libros. Con esta iniciativa, desexámosvos un moi feliz Nadal e próspero aninovo 2014.

Ademais, lembrámosvos que, se non tedes moi claro que pedir ou agasallar nestas festas, o libro é o mellor obsequio que podedes escoller.

 

A Bruxa Libruxa


BENVID@ DE NOVO!

 

BENVID@  DE NOVO! 

 

Benvid@, buscador ou buscadora de aventuras imposibles:

Outro curso máis, espérote neste recuncho máxico ao que, na túa dimensión, chamas Biblioteca. Un lugar que definirías, máis ou menos, como un almacén de libros... pero non te equivoques, é moitísimo máis ca iso.

Se alguén me preguntara a mín, eu diría que é unha axencia de viaxes. Si, iso é. Os libros que gardo neste lugar son tíckets de voo. Ou quizais medios de transporte en sí mesmos. Por que? Pois porque cada un deles é unha viaxe a outros países, outros planetas, outros universos, outras épocas. Unha oportunidade de vivir mil vidas, mil situacións diversas: podes coñecer poderosos amigos e inimigos, heroes e heroínas, monstros e fermosas criaturas. Unha vez aberto, cando xires continuamente os teus ollos de esquerda a dereita seguindo o mapa que debuxan as palabras, agárrate ben ás súas ás de papel. Porque agora todo o inimaxinable pode suceder: podes loitar contra dragóns, pisar a lúa, surcar os ceos, vivir no fondo do mar, ser adulto antes de tempo, enfrontar un millón de perigos... e voltar ao teu mundo con tan só pechar o libro.

Ti tes a decisión. Ti tes o poder. Ti controlas os mandos. 

Algúns pouco informados chegarán a dicir que estás a perder o tempo lendo, que nada disto é real. Que a lectura non leva a ningures.


PERO...


...se sentiches que acompañabas ao protagonista na súa viaxe; que estabas alí de verdade, ao seu carón, compartindo as súas tristezas e alegrías, as súas vitorias e fracasos; otorgándolle con fidelidade o teu ánimo, a túa forza, a túa amizade; aprendendo infinitas cousas do arredor, da natureza, da vida, de ti... NON teñas dúbida algunha...


TODO FOI REAL.


Aquí estarei sempre, agardándote, coa ilusión de ofrecerche un novo e emocionante tícket de voo.

Viaxar é así de sinxelo.

 

A Bruxa Libruxa

Distribuir contido