Si eres usuario: Acceso
Unha escola para convivir, ser, estar e aprender.

Proceso de admisión para o curso 2012-2013

Escudo do centro

Relación de alumnado admitido e non admitido

Lexislación aplicable

  • Art. 35.1 do Decreto 30/2007, do 15 de marzo (DOG do 16 de marzo).
  • Orde do 17 de marzo 2007 (DOG do 19 de marzo).
  • Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión.
  • Resolución do resultado do sorteo das letras para os casos previstos de empates de puntuacións (letra E para o 1º apelido e O para o 2º).

Listaxes da resolución provisional

Educación Infantil
Educación primaria

Listaxes da resolución definitiva

  • Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o consello escolar procedeu á súa resolución.
  • As únicas reclamacións presentadas afectaban só ao 4º curso de educación infantil (3 anos) polo que dos demais cursos non se publican listaxes novas dado que as listaxes provisionais publicadas pasan a ser definitivas e sen cambios.
  • 4º curso (3 anos): 09.- solicitudes admitidas
  • 4º curso (3 anos): 10.- solicitudes non admitidas

Avisos

  • No caso de Educación Infantil de 3 anos, as últimas solicitudes admitidas (postos Nº 23, 24 e 25) teñen aínda carácter de reserva por estar pendentes de confirmar o retorno das vacantes de escolarización pola quenda de Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) á quenda ordinaria; polo tanto non poden considerarse a día de hoxe como outorgadas definitivamente ata que se notifique tal asignación.
  • Contra a resolución definitiva pódese presentar reclamación ante a xefatura territorial, (Articulado do Decreto e da Orde antes citados).
  • En aplicación da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, dado que as listaxes poden conter datos que afectan á intimidade persoal ou familiar do alumnado, nelas só constará a puntuación total obtida. Na secretaría do centro educativo, estarán as listaxes nas que conste a puntuación asignada a cada alumna/o polos distintos criterios establecidos no baremo, segundo o artigo 35.1 do Decreto 30/2007. Estas listaxes poderán ser consultadas polos que teñan a condición de interesados no procedemento, de conformidade co artigo 31 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Obradoiros da OSI

Sinal de tráfico que fala de tráfico ou de obrar con precaución.

Obradoiros da OSI (Oficina de Seguridade do Internauta)

Martes 24 de abril ás 19:00

Xa todas e todos sabemos que boa parte do alumnado ten contacto constante co mundo da Internet, dende as casas, cos teléfonos móbiles, no colexio, etc. Outros aínda non, porque son pequenos pero... non tardando moito aí estamos.

Preocupados polas graves consecuencias que podan xurdir sen as necesarias medidas de protección e coidado, tanto na casa como na rúa ou no centro, estamos a organizar uns obradoiros a cargo dun equipo experto: a OSI (Oficina de Seguridade do Internauta). 

Estas charlas terán lugar para as familias e para o profesorado no noso centro o vindeiro martes 24 ás 7 da tarde. Para o propio alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria será o día seguinte durante as clases.

Cómpre polo tanto pedirvos con insistencia que todas e todos participedes nestas sesións informativas o martes 24 dada a enorme importancia do tema  a tratar. Agardámosvos.

Hai xente que por descoñecemento, pensa que xa está todo controlado ignorando que o asunto é moito máis importante do que puidera aparentar. Para facervos unha pequena idea, deixamos a continuación un pequeno vídeo de mostra alusivo.

 


Escolarización do alumnado para o curso 2012-2013

Escudo do CEIP "Sal Lence".Escolarización do alumnado para o curso 2012-2013

Publícase nos taboleiros do colexio o proceso normativo para tramitar as solicitudes de escolarización no noso centro para o vindeiro curso 2012-2013.

Os impresos pódense recoller na secretaría do centro en horario de 9:00 a 9:50 da mañán de luns a venres. estes impresos inclúen as instruccións necesarias para a súa cumprimentación e diversas indicacións de interese. O mapa da zona de influencia dos centros públicos pode consultarse nos taboleiros do centro e nel delimítanse os enderezos postais da zona de influencia do centro así como as limítrofes.

 

Prazos

Lémbrase que coa normativa actual, o prazo de entrega de solicitudes é dende o día 1 de marzo ata o 10 abril ambos inclusive.

Documentos que aquí se achegan

Asemade xuntamos neste artigo os documentos máis salientables publicados por se serven de axuda para diversas consultas.

Distribuir contido