Magosto 2014
Un ano máis, esta vez con retraso por culpa do tempo, celebramos o Magosto, coa colaboración da ANPA, que se ocupou do apartado gastronómico, incluida a recollida de lixo, que nunha ocasión coma esta é considerable.
Coma en anos anteriores, houbo xogos para todos, dirixidos polo alumnado de 6º de Educación Primaria, encatado de ser os maiores do Centro, pero, nesta ocasión, resultou ser unha tarefa agotadora.
Aquí tedes unha imaxe. Na galería multimedia poderes ver outras.
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Invitados pola área de Medio Ambiente do Concello de A Coruña, os alum@s de terceiro realizamos unha saída á Casa da Auga para realizar actividades relacionadas co medio ambiente.
Día da Paz 2014
Un ano máis dedicamos esta data, 31 de xaneiro, a recordar a figura de Gandhi e todas aquelas outras que trataron de lograr as súas reivindicacións por medios non violentos.
Nesta ocasión, o alumnado dos cursos superiores fixo de monitor e animador da actividade dos compañeiros de menos idade, nunha actividade lúdica, onde a música, a palabra, a pomba e o arco da vella representado nuns paracaídas axudaron a manter viva a esperanza.
Neste vídeo tedes un resumo do acontecido.
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012/13
RESULTADOS RELEVANTES CON RESPECTO Á MEDIA DE GALICIA E AOS CENTROS DO MESMO GRUPO ISEC
Foron avaliadas as seguintes competencias:
- Competencia en comunicación lingüística.
- Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
- Competencia matemática.
Os centros agrupáronse en catro niveis: alto, medio alto, medio baixo e baixo (a partir de variables relativas ao nivel de estudos, á situación laboral e profesional das familias e aos recursos culturais e materiais do fogar. O noso centro pertence ao nivel (grupo ISEC) medio alto.
Pódese consultar o informe de resultados premendo no ficheiro adxunto.
Nova vida na fachada do colexio
Un vínculo entre o centro e o seu barrio
A fachada do noso centro adoecía polo seu deseño e aparencia duns mínimos sinais de identidade, sinais que indicasen que está incluído no seu barrio e que non fosen máis aló das bandeiras oficiais e dunha pequena placa de identificación. Por outra banda, esta fachada, a pesar de ser pintada en varias ocasións, non tardaba en recibir as típicas batidas das pintadas e graffitis empeorando a situación.
Postos en contacto con diversos axentes de diferentes ámbitos (concello, protección civil, etc.) soubemos da existencia dun equipo de grafiteiros oficiais ao servizo do concello que desenvolven por encargo obras pictóricas de calidade a custes asequibles e co valor engadido de que os seus traballos reciben o respecto de todas e todos, e que permanecen no tempo.
Feitas as consultas, solicitamos a Chema Fernández un deseño que fose acorde co espíritu dun colexio vivo, en sintonía cos tempos e co barrio. Deseño que recibimos axiña, que recibiu a aprobación unánime desta dirección, do consello escolar, do claustro e da ANPA deste centro. O resultado salta á vista, e nunca mellor dito.
Queda aquí unha escolma gráfica do seu traballo digno de admiración e que lle recoñecemos con afecto.
e na parte posterior:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10