Unha escola para convivir, ser, estar e aprender.

8M - "Pintamos e moito"

Este ano polo Día Internacional das Mulleres (8 de maio) o alumnado de 5ºEP participou nunha actividade, promovida polo Concello de A Coruña, “Pintamos e moito”.

A actividade tiña os seguintes obxectivos :
 - Impulsar a igualdade de xénero dende a infancia e a adolescencia.
 - Facilitar a educación en igualdade, contribuíndo dende a administración local a desmontar roles e estereotipos de xénero.
 - Visualizar e dar valor á creación e produción artística e intelectual das mulleres en diferentes ámbitos (visual, literatura, xornalismo, cinema, ilustración...)

Aquí tedes unha foto do cartel coa montaxe de todo o proceso, se o queredes ver está colgado na parede dun dos descansos das escaleiras do centro.

 

 8M Pintamos e moito

Matrícula curso 2023/2024

LISTAXE DEFINITIVA

 As listas definitivas están publicadas no taboleiro interior do centro.

Día non lectivo concedido pola Inspección Educativa

 

A Inspección Educativa resolveu conceder como día non lectivo o martes, 2 de maio solicitado polo Consello Escolar ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de maio de 2022 (DOG Núm. 105 

do 20 de xuño).

 

Reserva admisión curso 2023/2024 no IES Monte das Moas

Todos os alumnos/as que presentaron as solicitudes de reserva admisión para o vindeiro curso 2023/2024 no IES Monte das Moas, ESTÁN ADMITIDOS. Lembren a formalización de matrícula no mes de xuño no Instituto.

V Certame "Muros que unen"

 

O V Certame de murais "Muros que unen" encheu o noso patio de cores. Se picades na imaxe abriredes un arquivo pdf para poder ver os murais en detalle, ademáis de datos como: título, autor e unha breve descripción de cada obra.

Agradecemos ao Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade (organizador do certame) e ao Concello de A Coruña (socio e colaborador no mesmo) ter contado con nós para expoñer as obras gañadoras desta edición. Noraboa aos artistas premiados!

Votacións ao Consello Escolar 2022 (sector pais/nais).

Unha vez rematado o escrutinio dos votos emitidos procédese a levantar acta dos resultados.

Distribuir contido