Unha escola para convivir, ser, estar e aprender.

Xogamos coas matemáticas.

Quen dixo que as matemáticas non son divertidas? Sorriso

Escaleiras acceso

 

COVID-19: INFORMACIÓN IMPORTANTE

Ante os cambios recentes nos protocolos a aplicar en relación á pandemia da COVID-19 compre trasladar ás familias a seguinte información:

Para dar de alta un positivo 
A familia dará parte a través de tres vías:

  1. Centro de saúde ou ben
  2. Cubrindo o formulario na páxina:  coronavirus.sergas.gal  ou 
  3. Chamando ao teléfono 881540045

 Recomendacións do Ministerio de Sanidade e Ministerio de Educación e Formación Profesional.

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA SECUNDARIA

O prazo de presentación de solicitudes para a reserva de  praza no centro adscrito IES Monte das Moas, será dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro n»

II Mostra Postais de Nadal

A "ANPA Os Castros" do CEIP Sal Lence organizou a "II Mostra de Postais de Nadal". Picade na foto para acceder ao álbum. Lembrade que unha vez nel se picades na foto mediana poderedes vela a tamaño completo.

Moitas grazas a todo o alumnado que participou.

II Mostra Postais de Nadal

Días non lectivos concedidos pola Inspección Educativa

A Inspección Educativa resolveu conceder os dous días non lectivos solicitados polo Consello Escolar.

Podedes descargar o Calendario Escolar vixente para este curso 21/22 dende o seguinte enlace:

Calendario Escolar 21/22 (en PDF)

 

Samaín 2021

Esta semana celebramos no colexio o Samaín. Decoramos as portas das aulas e tivemos a exposición de cabazas no patio de columnas. Foi todo un éxito! case non cabían nos expositores... pero mellor botade unha ollada! se picades na foto iredes á Galería de Imaxes con case setenta fotos de meeeeeeedo! Lembrade que na galería multimedia pulsando sobre a miniatura da imaxe poderedes vela a tamaño medio, unha vez aí se picades de novo no tamaño medio a veredes a tamaño completo.

Grazas a todas as familias por participar.

Samaín 2021

 

Eliminación do reforzo de limpeza pola situación COVID-19.

Informamos da eliminación do reforzo de limpeza COVID dende o día 27/09/2021.

Distribuir contido