EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Samaín 2023

Samaín 2023

 

 

 

Esta semana celebramos no colexio o Samaín. As cabazas decoraron as escaleiras de subida ás aulas, algún pasillo e as estanterías da Biblioteca. Se picades na foto iredes á Galería de Imaxes para poder ver a Exposición de Cabazas.

Lembrade que na galería multimedia pulsando sobre a miniatura da imaxe poderedes vela a tamaño medio, unha vez aí se picades de novo no tamaño medio a veredes a tamaño completo.

Grazas a todas as familias que participáchedes nesta actividade.

 

 

 

Samaín 2023: Exposición de cabazas.

Samaín 2023

 

 

O vindeiro luns 30 de outubro comezará a exposición de cabazas do "Samaín 2023".

Podedes descargar o díptico con toda a información picando na imaxe da esquerda. Se o imprimes poderás colorear as imaxes incluídas.

Animádevos a participar! seguro que vos sairá unha cabaza de medo!

 

 

Nota: as cabazas deberán retirarse ao remate da mañá do martes 31 de outubro.

 

 

Samaín 2022

 

Esta semana celebramos no colexio o Samaín. Se picades na foto iredes á Galería de Imaxes para poder ver a Exposición de Cabazas.

Lembrade que na galería multimedia pulsando sobre a miniatura da imaxe poderedes vela a tamaño medio, unha vez aí se picades de novo no tamaño medio a veredes a tamaño completo.

Grazas a todas as familias que participáchedes nesta actividade.

 

Samaín 2022: Exposición de cabazas.

 

 

O vindeiro mércores 26 de outubro comezará a exposición de cabazas do "Samaín 2022". Se expoñerán nos corredores do 1º e 2º andar.

Podedes descargar o díptico con toda a información picando na imaxe da esquerda. Se o imprimes poderás colorear as imaxes incluídas.

Lembra poñer unha etiqueta branca co título da obra, o teu nome e o curso no que estás. Recorta un anaco de folio de 8 cm x 4 cm para utilizalo como etiqueta.

Animádevos a participar! seguro que vos sairá unha cabaza de medo!

 

 

   Nota: as cabazas deberán retirarse ao remate da mañá do venres 28 de outubro.

Samaín 2021

Esta semana celebramos no colexio o Samaín. Decoramos as portas das aulas e tivemos a exposición de cabazas no patio de columnas. Foi todo un éxito! case non cabían nos expositores... pero mellor botade unha ollada! se picades na foto iredes á Galería de Imaxes con case setenta fotos de meeeeeeedo! Lembrade que na galería multimedia pulsando sobre a miniatura da imaxe poderedes vela a tamaño medio, unha vez aí se picades de novo no tamaño medio a veredes a tamaño completo.

Grazas a todas as familias por participar.

Samaín 2021

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Lexislación EDLG

1. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

2.Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

3. Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria . Decreto 374/1996, do 17 de outubro. DOG 21-10-96. Corrección de erros DOG 06-11-96 e DOG 08-01-97).

 

Pulsa no logotipo dos EDLG para visitar a súa páxina.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

 

https://primaveradasletras.gal/ Páxina web da Real Academia Galega. Nesta páxina podedesn atopar r ecursos sobre a vida e obra de Fernández del Riego. Tamén no espazo chamado AS COUSAS DE DON PACO hai unha pequena representación teatral que podedes facer. No apartado XOGA CONNOSCO hai fichas interactivas e para colorear. Botádelle unha ollada a PRIMAVERA DAS LETRAS.

 

DÍA DE ROSALÍA 2023

   Na nosa escola celebramos o día de Rosalía con murais na biblioteca, proxeccións de vídeos sobre a súa vida e obra, decoración nos corredores e traballo nas aulas.

MAGOSTO 2022

    No noso cole celebramos o Magosto có noso castañeiro e os xogos tradicionais entre grupos de alumnos empregando as propias castañas como elementos do xogo. Pasámolo moi ben !!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

         Este ano adícase o Día das Letras Galegas a Xela Arias e no noso cole faremos traballos sobre a autora, leremos poemas...

     Xela Arias ñaceu en Sarria no 1962 e morreu en Vigo no 2003. Foi escritora, poeta, traductora e profesora de galego. Publicou en varios xornais e revistas e fixo obra poética en libros colectivos como "Palabras de muller", "Daquelas que cantan", "Rosalía na palabra de once escritoras galegas"... Destacamos os seus poemarios "Intempériome", "Denuncia do equilibrio", "Tigres coma cabalos", "Diario a diario" e "Poesía reunida".

 

      CELEBRADE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS TAMÉN NA CASA ...

Distribuir contido