EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Día do Libro Infantil

     O 2 de Abril é o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Animádevos a facer lecturas na nosa lingua.

Día da Poesía

    O día 21 de Marzo celebramos o Día da Poesía. Animádevos a ler poemas en galego e os ou as que queirades podedes escribir algunha poesía...

Día da Narración Oral

´      O 20 de Marzo celebramos o Día da Narración Oral. Animádevos a contar contos ós nenos e nenas na casa...

DÍA DE ROSALÍA

       O 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía. No colexio recitamos poesías, fixemos actividades sobre a autora, poemas musicados, manualidades...Engadimos no arquivo adxunto algúns enlaces para que vexades e escoitedes na casa.

ENTROIDO

       Na semana do Entroido seguide os ¨mandadiños¨que se publican na web do

cole !!

DÍA DA PAZ

         O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio. Para quen o desexe engadimos nun ficheiro adxunto algúns libros sobre esta temática en galego como recomendación lectora.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

         Novembro é o mes da Ciencia e o día 10 celebramos o Día da Ciencia en Galego por iso vos animamos a que fagades algún experimento científico na casa.

Magosto 2020

As fotos dos traballos do Magosto están accesibles no seguite enlace MAGOSTO.

 

Tamén podedes velas recollidas nun vídeo picando na imaxe inferior.

 

 Pulsa có botón dereito do rato para descargalo vídeo.

 

Samaín 2020. Colaboracións

 

Xa tedes dispoñibles as fotos do Samaín enviadas ao Equipo de Dinamización de Lingua Galega, podedes botar unha ollada ao albúm no seguinte ENLACE.

 

 

Tamén, en colaboración co Equipo TIC, se fixo un pequeno vídeo dunha montaxe con todas elas, podedes velo facendo clic na seguinte imaxe:

Se tedes problema ao reproducir o vídeo podedes descargalo facendo clic dereito no seguinte enlace e seleccionando gardar o arquivo: VIDEO SAMAÍN 2020 (descarga 142MB)

Moitas grazas pola vosa participación.

 

 

 

 

 

 

 

MAGOSTO

Bos días familias :

 

 

Este ano por mor do covid-19 imos modificar as nosas propostas para o Magosto. Traballaremos esta festividade da nosa cultura nas aulas e pedímosvos que vós nas casas fagades manualidades con castañas, colares de zonchos ( castañas cocidas con pel )...Podedes enviar fotos das vosas creacións ó correo edlinguagalega@gmail.com

 

Moitas grazas ós que vos animedes a participar e saúdos.

 

Os as titores/as e o EDLG.

 

 

 

A CASTAÑA NO OURIZO

 

QUIXO RIR E REGAÑOU,

 

CAEU DO CASTAÑO EMBAIXO,

 

MIRA TI O QUE GAÑOU!

 

Aquí tedes algúns enlaces con contos e cancións !!!

 

- Canción Magosto https://www.youtube.com/watch?v=A_c69QVgdZg

- Canción Magosto

https://www.youtube.com/watch?v=MROVeaRgT7U

- A Castaña Catarina ( conto) https://www.youtube.com/watch?v=y9ASQssh56s

- Conto A Castaña que rebentou de risa. https://www.youtube.com/watch?v=af4E7Kvbzv4

 

 

Distribuir contido