3 anos

COMEZAR EN EDUCACIÓN INFANTIL

Díptico para as familias de Ed. Infantil 3 anos que se incorporan ao centro o próximo curso.

AVISOS

          Ola familias:

 

     A partir do día 19 de Xuño podedes ver as notas de avaliación dos vosos

peques en AbalarMóbil no apartado de calificacións.

 

     No apartado de biblioteca de animación á lectura que se atopa nesta web

do cole hai unha manualidaden para que os nenos/as fagan o seu propio

mini libro.

 

     Desexo que teñases todos e todas un verán moi bonito e que a ledicia

sempre esté nos vosos corazóns e o sorriso debuxado na vosa cariña !!!

Moitos bicos e apertas da profe Carmen.

 

 

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola a todos! Quero desexarvos moita saúde e felicidade neste verán que comeza.

Déixovos este enlace con cancións... a bailar!!!!!

Tamén vos deixo unha actividade para atopar diferenzas. Recoñecedes quen é?

Disfrutade moitísimo destas merecidas vacacións. Ata setembro.

Moitos bicosssssss,

Mª Luisa

SEMANA DO 15 Ó 19 DE XUÑO

          Ola familias:

 

   Esta semana é a última semana lectiva do curso e por iso imos deixar que

a adiquedes a facer algunhas actividades da web propostas neste tempo e

que vos quedaran por algún motivo pendentes ou a que vexades coas vosas

familias os traballos feitos no curso. A continuación póñovos uns enlaces

para que poidades escoitar algunhas cancións do verán e tamén unha

actividade nun arquivo adxunto de atopar as diferencias entre dous debuxos

ou fotos.

 

           Enlaces a cancións:

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=fPxj30HfTOg

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=Ikq7dU6xVKA&vl=es

 

 

      Espero que todos e todas estedes ben e que poidamos ter un verán

tranquilo para disfrutar felices coa familia. Agardámosvos no vindeiro curso

no cole con moitísimas ganas de que poidamos vernos de novo...Moitos

bicos e apertas de parte da profe Carmen con todo o agarimo do mundo

. Vós tedes o poder de sorrir e de espertar sorrisos nos que están preto de

vós !!!

VENRES 12 XUÑO

           Ola familias:

 

   Hoxe imos rematar o conto de Martiño o golfiño. Para iso imos facerb unha

última páxina onde cada un se vai debuxar a sí mesmo en tamaño grande.

Logo tedes que colorear o debuxo e escribir vós mesmos /as debaixo o voso

nome con letras maiúsculas.

 

              Moitos bicos e saúdos. Carmen.

XOVES 11 XUÑO

                Ola familias:

 

    Hoxe Martiño o golfiño esta de cumpleanos !!! Cumple tres anos e ímoslle

debuxar unha tarta nun folio e coloreala. No debuxo pódenvos axudar os

maiores da casa pero vós tédela que colorear enteiriña do sabor que vos

guste. Enriba da tarta imos poñer tres palotes en forma de vela e para

axudarlle a Martiño a contar as velas pois enriba de cada unha imos escribir o

número 1, 2 e 3. Escribídeos vós que son números que xa coñecedes.

 

                 Ata mañá. Saúdos Carmen.

MÉRCORES 10 XUÑO

           Ola familias.

 

          Gustaríavos presentarlle a vosa familia a o golfiño Martiño ?

 

Hoxe propóñovos facer un debuxo da vosa familia: papá, mamá, os e as

irmáns, os avós e avoas e algún tío ou tía, primo ou prima e tamén amigo ou

amiga a quen lle teñades especial cariño. Podedes facer o debuxo como

queirades.

 

                   Saúdos. Carmen.

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola a todos! Desexo que estedes ben. Aí van as miñas propostas de actividades para esta semana:

Sopa de letras de animais en arquivo adxunto.

Poesías curtas para nenos ENLACE

Facer animais de papel ENLACE

Moitos biquiños,

Mª Luisa

Distribuir contido