3 anos

MÉRCORES 27 MAIO

             Ola familias:

 

      Hoxe imos ver un vídeo sobre os golfiños e despois os nenos/as farán un

debuxo de Martiño o noso golfiño no que tamén aparezan eles mesmos.

Este é o enlace do vídeo:

 

https://www.youtube.com/watch?v=oTYmYVtohAI

 

      Debaixo do debuxo que fixeron que escriban cada peque o seu propio

nome e así xa temos dúas follas para o libro que comenzamos a facer onte

coa portada.

 

                         Saúdos. Carmen.

 

 

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola familias! Esta semana propóñovos actividades para dar a benvida ao verán.

Facemos xeados de froitas ENLACE

Realizamos marionetas con calcetíns ENLACE

E facemos un abanico como o da foto adxunta.

Un bico,

Mª Luisa

MARTES 26 MAIO

          Bos días familias:

 

    Hoxe imos facer a portada dun libro có nome do noso golfiño. Imos

escribir nun papel O GOLFIÑO MARTIÑO con letras maiúsculas e ben

grandes.

   Se dispoñedes na casa dunha cartolina tamaño folio sería unha boa opción

para a portada. Os maiores axudaranvos a facer as siluetas das letras pero

as vogais O e I de GOLFIÑO e as vogais A, I e O de MARTIÑO podédelas

facer vós mesmos porque as letras vogais xa as coñecedes...Logo coa

silueta de cada letra feita deixaremos voar a imaxinación e podemos facer

cousas variadas como pode ser repasar as letras con cores, pegar anaquiños

de papel ó longo da grafía das letras, pegar macarróns ou grans de arroz

polas liñas das letras ou calquera outra técnica que se vos ocorra para facer

un comezo de conto bonito… Mañán seguiremos có noso traballo.

 

               Moitos bicos. Carmen.

LUNS 25 MAIO

          Ola familias:

 

   Na votación que vos propuxen o venres pasado resultou como animal máis

votado O DELFÏN. Hoxe vouvos contar unha curiosidade sobre os delfíns que

os maiores da vosa casa vos poden ler e explicar:

 

- Cando un delfín que en galego chamamos GOLFIÑO se atopa con un novo

 

grupo da súa especie, preséntase có seu nome, tal e como facemos os

nenos e nenas no cole !!! Os golfiños utilizan diferentes sonidos para

dirixirse a cada individuo, como fai a profe na clase cando quere falar con un

ou unha de vós !!! Os delfíns son moi intelixentes e coñécense entre eles

como vós coñecedes ós vosos amigos e amigas…

 

    Imos poñerlle nós un nome humano ó noso golfiño...vai ser o GOLFIÑO

MARTIÑO !!! e hoxe imos escoitar unha canción que fala do noso amigo o

golfiño...Nos próximos días MARTIÑO O GOLFIÑO vainos ensinar moitas

cousas: letras, números e cusas sobre os golfiños...xa veredes !!!

 

     Aquí neste enlace podedes escoitar a canción.

 

https://www.youtube.com/watch?v=e10tBM9d2xk

 

          Saúdos. Carmen. Bicos para tod@s !!!

VENRES 22 MAIO

      Ola familias:

 

   Hoxe imos propoñer unha nova actividade:

 

     Tedes que preguntar ós nenos/as qué animal lles gustaría estudar.

Podedes elixir entre:

 

- A xirafa.

- O elefante.

- A vaca.

- A ovella.

-A foca.

- O delfín.

 

    Como vedes hai dúas opcións de animais salvaxes, dúas de animais

domésticos e dúas de animais do mar. Podedes elixie calquera de eses

animais, o que ós peques lles pareza máis interesante. En canto teñan

elixido enviádeme unha mensaxe ó abalarMóbil coa elección do voso neno/a.

Cando eu teña os “votos”, comenzaremos a estudar o animal máis votado e

a través del repasaremos os números, as letras...

Podemos deixar de prazo para votar ata o domingo 24 de xeito que o luns

pola mañán poidamos comezar có noso proxecto.

 

             Saúdos. Carmen.

XOVES 21 MAIO

             Bos días familias:

 

       Hoxe imos repasar as vogais.

 

- Os maiores collede cinco folios. En cada foio escribide catro palabras en

letras maiúsculas e grandes que conteñan cada vogal.

Folio 1- vogal A- ARAÑA, AMOR, AMIGA, AVIÓN.

Folio 2- vogal E- ELEFANTE, EDIFICIO, ESCONDITE, ECO.

Folio 3- vogal I- INDIO, IGLÚ, IDEA, IGUANA.

Folio 4- vogal O- OVELLA, OLLO, OSO, OLAS.

Folio 5- vogal U- UVAS, UN, UNICORNIO, ÚLTIMO.

 

Unha vez teñades as palabras escritas polos maiores, os nenos/as tedes que

buscar, atopar e rodear a vogal correspondente nas palabras de cada folio:

no folio 1 rodeades o A nas palabras, no 2 rodeades o E, no 3 o I, no 4 o O,

no 5 o U.

 

              Saúdos. Carmen.

MÉRCORES 20 MAIO

           Bos días familias:

 

      Hoxe imos continuar có traballo nos museos e esta vez imos visitar de

xeito virtual o Planetario ou Casa das Ciencias.

 

https://www.youtube.com/watch?v=wOpw2ZwLfdo

 

 

     Cando rematedes de ver o vídeo debuxade o ceo nas distintas estacións.

Para iso dividimos un folio en catro partes e en cada unha debuxamos. Na

primeira parte un ceo anubrado e con choiva de outono, na segunda parte

un ceo con nubes e saraiba ou neve de inverno, na terceira un ceo

despexado de primaveira e na cuarta un ceo con sol de verán.

 

        Saúdos. Carmen.

 

 

 

 

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola a todos! Esta semana propóñovos bailar con Hokey Pokey. É moi divertido. ENLACE

Tamén podedes confecionar o voso floreiro da primavera. Seguide as imaxes do arquivo adxunto.

Biquiños para todos,

Mª Luisa

MARTES 19 MAIO

   Ola familias:

 

    Onte foi o Día dos Museos, por iso hoxe imos propoñer actividades

relacionadas con este tema:

 

- Como un dos Museos Científicos Coruñeses máis popular entre os peques é

a Casa dos Peixes Acuarium Finisterrae, vouvos pedir que debuxedes a un

dos seus habitantes: o tiburón Gastón.

 

    Podedes ver tamén estes vídeos nos que se nos amosan unhas amiguiñas

moi simpáticas que viven no Acuario: as FOCAS.

 

           Enlaces a vídeos das focas:

 

https://www.youtube.com/watch?v=O3G8JVa2vzc

 

https://www.youtube.com/watch?v=E8gUNiBWx34

 

 

       Saúdos. Carmen.

 

LUNS 18 MAIO

        Ola familias:

     Hoxe imos tratar de debuxar algún animal do mar: un pulpo, unha estrela de mar, un peixe, un delfín, unha balea...Escollede tres e debuxade os que queirades. Pintádeos e despois adornádeos pegándolles anaquiños de papel plateado coma se fosen escamas... Escribide o voso nome debaixo do debuxo do mar.

                        Moitos saúdos. Carmen.

Distribuir contido