3 anos

NOVAS PROPOSTAS

          Bos días:

 

     Para acompañar o mundo das emocións infantís frente ó virus que nos está a afectar nestes

momentos dende a fantasía e o simbólico imos recomendar uns contos que vos poden axudar a

achegar explicacións ós máis pequenos / as.

Pódense buscar en internet escribindo directamente no buscador google o título do conto

seguido da palabra ¨cuento ¨. Tamén se poden imprimir para que os nenos /as poidan pintar

algunhas páxinas ó seu gusto para canalizar os seus sentimentos a través do conto. Se non

dispoñedes de impresora podedes ler o conto ós peques e despois facer un debuxo alusivo xunto

con eles. Aquí vos escribo os títulos:

 

- Hola! Soy el coronavirus. Este é un conto para nenos /as de dous a sete anos.

- Rosa contra el virus. Conto para explicar os virus ós peques. Pódese descargar en pdf.

-Misión: Quedarse en casa. Tamén se pode descargar en pdf.

 

Aproveito tamén para dicirvos que hai unha páxina onde podedes atopar recursos de fichas para

imprimir ou debuxar vós mesmos /as sen necesidade de impresora...buscar ideas...ten un xogo

da oca moi interesante con números e letras...Podedes atopala poñendo no buscador ¨familia y

cole materiales infantil ¨.

 

 

          Saúdos. Carmen.

MÁIS PROPOSTAS

          Ola de novo:

 

  Como vedes hoxe vouvos contar algúns exemplos de actividades que podedes traballar na casa estes días relacionadas con números e letras.

Son simplemente ideas.

   Podedes facer vós mesmos o debuxo das fichas na casa para que os peques as realicen. Por exemplo:

 

- Debuxamos grupos de unha, dúas e tres pelotas e que poñan o número.

- Facedes vós mesmos letras con puntiños ( no noso caso vogais maiúsculas ) para que repasen.

- Debuxamos xuntos a nosa familia e coloreámola.

 

   Hoxe podedes adicar un anaco do voso tempo a este tipo de tarefas e en próximos días irei colocando máis cousiñas na web, tres ou catro

ideas cada día para estructurar o traballo.

  Tamén vos indico que a profe teacher de inglés fixo recomendacións no apartado correspondente á súa especialidade de xogos e demáis

 para infantil e tamén a mestra de música que incluiu actividades que podedes adaptar á idade dos nenos/as como audicións, debuxos…

Isto podédelo ver abrindo a pestaña correspondente na marxe esquerda da páxina inicial do cole.

 

       Saúdos e grazas. Carmen.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTES DÏAS

    Ola familias :

 

  Poñémonos en contacto con vós para fecervos unha serie de recomendacións para que traballedes na casa cós nenos/as durante este tempo 

de suspensión da actividade lectiva nas escolas.

 

  En Educación Infantil as aprendizaxes e a organización do tempo son globalizadas por iso pretendemos darvos unhas ideas xerais do que

podedes facer para que os peques continúen aprendendo e volten á escola motivados/as.

 

  Actividades propostas:

 

- Colorear e pintar debuxos ou facelos de temática libre con distintas técnicas : ceras, lápices, rotuladores, pintura de dedos, acuarelas…

- Xogar a bonecas, coches, cociñas, construccións, puzles…

- Lerlles todos os días un conto.

- Escribir os números 1, 2, 3 e as letras vogais maiúsculas A, E, I, O, U. Repasar por puntiños con lápiz, poñer papeliños pegados na silueta

destes números e letras…

- Escribir o seu nome, repasar as letras do nome con pintura, facer carteis có nome…

- Facer un cadro con acuarelas…

- Podedes acceder ó xogo educativo Búho Boo, que inclúe xogos para aprender o manexo do rato do ordenador e tamén xogos tradicionais de

colorear...

- Cantar cancións, facer bailes. É importante non descoidar a música, cantar e bailar as cancións do Cantaxogos, Miliki, a familia Telerín...

- Na clase estabamos traballando as froitas e as verduras. Aproveitade para ensinarlles nomes de froitas e verduras, facer zumes, brochetas de

froitas para merendar, compotas e todo tipo de platos divertidos.

- Repasar os colores a través das froitas e verduras.

- A páxina online de contos infantís curtos ,¨Cosas de peques. Cuentos infantiles cortos¨, é moi recomendable, esperamos que vos guste.

- Que cada día pola mañán os nenos/as fagan algunha tarefa das propostas para conservar a rutina e ritmo de traballo.

 

          Saúdos. Carmen.

 

 

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

GRUPO A

 

  • DÍAS 11 E 12 DE SETEMBRO: DE 10:00 A 11:00 HORAS.
  • DÍAS 13 E 16 DE SETEMBRO: DE 12: A 13:00 HORAS.

 

  • DÍAS 17 E 18 DE SETEMBRO: DE 9:00 A 11:00 HORAS.
  • DÍAS 19 E 20 DE SETEMBRO: DE 12: A 13:50 HORAS.

 

  • DÍAS 23 E 24 DE SETEMBRO: TODO O ALUMNADO DE 10:00 A 13:00 HORAS.

 

  • O DÍA 25 DE SETEMBRO: COMENZA O HORARIO HABITUAL DE 9:00 A 13:50 HORAS PARA TODO O ALUMNADO DE TRES ANOS.

 

 

Agrafojo Azpilicueta, Telmo

 

Amarelle Bermúdez, Vera

 

Arias Losada, Emma

 

Barros Martínez, Paola

 

Bastos Ferreira, Valentina

 

Ben Fernández, Elisa

 

Cruz Allegue, Lía

 

Cundíns Carral, Sabela

 

Elliston Díez, Karla

 

Fernández Carabel, Xoel

 

González Iglesias, Leo

 

González Rodríguez, Jorel

 

 

 

 

GRUPO B

 

  • DÍAS 11 E 12 DE SETEMBRO: DE 12: A 13:00 HORAS.
  • DÍAS 13 E 16 DE SETEMBRO: DE 10:00 A 11:00 HORAS.

 

  • DÍAS 17 E 18 DE SETEMBRO: DE 12: A 13:50HORAS.
  • DÍAS 19 E 20 DE SETEMBRO: DE 9:00 A 11:00HORAS.

 

  • DÍAS 23 E 24 DE SETEMBRO: TODO O ALUMNADO DE 10:00 A 13:00 HORAS.

 

  • O DÍA 25 DE SETEMBRO: COMENZA O HORARIO HABITUAL DE 9:00 A 13:50 HORAS PARA TODO O ALUMNADO DE TRES ANOS.

 

Gutiérrez López, Valeria

 

Iglesias García, Elba

 

López Gutiérrez, Héctor

 

Maneiro Munguia, Lucia

 

Martínez Bellón, Mara

 

Martínez Parga, Pabl

 

Pardiñas Míguez, Anxo

 

Pose García, Ana

 

Ribaric Gallego, Natalia

 

Seoane Martínez, Adriana

 

Varela Canedo, Carla

 

Ventureira Paz, Daniel

 

 

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO: "Ma mere l'oye"

A continuación podemos ver os debuxos que os nen@s realizaron do concerto:


 


Educación Infantil

Páxina en construcción

Distribuir contido