3 anos

MARTES 9 XUÑO

            Ola familias :

 

       Hoxe toca ensinarlle a Martiño o golfiño a primavera e o outono.

 

- Nun folio os adultos escribrn en maiúsculas outono. Coma fixemos onte

vós podedes escribir o O e o A da palabra OUTONO porque coñecedes as

vogais. No outono chove moito e ventea así que podedes debuxar unha

nube grande e facer moitas pingas de auga por todo o folio.

 

- Noutro folio os adultos escriben a palabra primavera en letras maiúsculas.

Vós podedes escribir o I, o A e o E de PRIMAVERA porque coñecedes as

vogais. Na primavera saen as flores por iso esta páxina tan bonita vai ser

creativa: podedes debuxar flores de colores, facer flores de papel e

pegalas...o que queirades e poidades facer cós materiais que tedes na casa.

Deixade voar a imaxinacción.

 

            Saúdos e bicos. Carmen.

LUNS 8 XUÑO

                   Ola familias:

     Hoxe imos continuar facendo o noso libro e para iso ímoslle ensinar o

inverno e o verán a Martiño o golfiño.

 

- Nun folio os maiores poñeranvos a palabra inverno en letras maiúsculas.

Vós se queredes podedes axudar ós grandes a escribir e facedes vós

mesmos o I, o E e o O da palabra INVERNO porque as vogais xa as

coñecedes. No inverno neva así que imos encher este folio de boliñas de

papel brancas pegadas coma se foran folerpas de neve. Tamén vale pegar

anaquiños de algodón.

 

- Collemos outro folio e os maiores escriben en letras maiúsculas verán. O E

e a A de VERÄN podédelo escribir vós porque coñecedes as vogais. No verán

imos á praia. Os adultos téñenvos que axudar a debuxar a silueta dun

castelo de area e despois a poñer pegamento de barra nel. Despois vós

esparexedes por riba pan relado e xa tedes o voso castelo de area.

 

        Mañán toca primavera e outono.

 

            Saúdos. Carmen.

VENRES 5 XUÑO

                Ola familias:

 

    Hoxe celébrase o Día do Medioambiente e para conmemoralo imos ver cós

peques uns vídeos e escoitar unhas cancións. Lembrade que os nenos e

nenas poden axudar a coidar o medioambiente colaborando nas tarefas de

reciclaxe na casa como facemos na escola a diario có refugallo. Estes son os

enlaces a vídeos e cancións:

 

https://www.youtube.com/watch?v=cvakvfXj0KE&t=55s

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=lrHlcMI9Cw8

 

 

Cancións:

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=oOGr-e-yFgA

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=2trc-oauWdM

 

 

 

          O luns ensínamoslle ó golfiño Martiño as estacións do ano!!!

 

 

                                      Saúdos e bicos. Carmen.

 

XOVES 4 XUÑO

           Ola familias :

 

     Hoxe imos ver outro vídeo infantil sobre golfiños. Este é o enlace.

 

https://www.youtube.com/watch?v=m-7kMmbPTko&feature=youtu.be

 

     Despois imos trtar de ensinarlle ó noso golfiño Martiño os días da

semana. Collemos os carteis que fixemos có nome dos días da semana xa

hai un tempo e pegámolos cada un no seu folio ...Xa temos sete páxinas

máis para o noso conto...son as páxinas onde lle ensinamos ó golfiño

Martiño os días da semana. Vós tamén os tedes que repasar para ensinarllos

ben.

 

     Se non atopades os carteles podédelos volver a facer como indicamos

nas actividades do día Martes 31 de Marzo e que podedes consultar na web.

Recordo:

 

- Cortamos nun folio ou cartolina un círculo grande e escribimos con letras

maiúsculas o nome do día da semana. Facemos así sete círculos có nome

dos sete días.Despois pintamos os círculos cada un da súa cor: luns- azul,

martes-vermello, mércores- verde, xoves- amarelo, venres- laranxa,

sábado- lila e domingo- rosa.

 

             Moitas grazas. Saúdos. Carmen.

 

MÉRCORES 3 DE XUÑO

        Ola familias :

 

     Hoxe vouvos poñer algunhas curiosidades dos golfiños que os vosos

pais, nais, irmáns maiores ou avós e avoas vos poden explicar e copiar nuha

nova páxina do conto para despois podelo contar cada vez que queirades.

 

         OS GOLFIÑOS:

 

- Hainos de auga salgada que viven nos mares e de auga doce que viven

nos ríos grandes do mundo.

- Cando nacen maman leite coma nós.

- Respiran por un burato que teñen na espalda, por iso saen a fóra da auga

saltando para coller aire.

-Teñen os ollos pequenos e o fuciño longo.

- Son intelixentes e comunícanse con silbidos e sons.

- Comen peixes pequenos, calamares…

- Adoitan ser azuis ou grises os do mar pero tamén hai especies rosadas nos

ríos.

- Son Xoguetóns e divertidos e güstalles a música !!!

 

         Ata mañá. Bicos para to@ds. Carmen.

 

MARTES 2 XUÑO

       Ola familias:

 

     Hoxe imos facer outra páxina para o noso conto que vai ser o mar onde vive o golfiño Martiño. Pintamos un folio de cor azul con ceras ou se podedes con acuarelas ou témperas ou pintura de dedos. Esta cor azul é o mar. Despois poñemos pègamento nuha metade inferior do folio e esparexemos por riba pan relado de cociña para facer a area. na zona do mar debuxamos con lapis ondas e por riba das marcas do lapis pasamos a barra de pegamento e ahí esparexemos fariña, azucre ou sal para facer a escuma das ondas. Xa temos o noso mar para que viva o golfiño !!!

 

       Ata mañá. Bicos. Carmen.

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola familias! Comezamos o mes de xuño cunha nova proposta de actividades:

  • Encrucillados de animais no ficheiro adxunto
  • Construir barcos con cortizas. ENLACE

 

Bicos,

Mª Luisa

LUNS 1 XUÑO

            Ola familias :

 

     Hoxe imos aprender os números con Martiño o golfiño. Para iso imos

fixarnos no vídeo que vimos na semana pasada e imos ver as partes do

corpo do golfiño.

 

- Cantas patas ten Martiño ? Ningunha. Pois debuxamos nun folio unha pata

e poñemos ó lado un cero grande e redondo.

- Cantas bocas ten o golfiño ? Unha. Pois debuxamos no folio unha boca e

poñemos ó lado o número 1.

- Cantas aletas ten Martiño ? Dúas. Pois debuxamos no folio dúas aletas e

poñemos ó lado o número 2.

- Cantos anos ten o golfiño ? Non sabedes ? Dígovolo eu...tres !! Pois

debuxamos unha tartab no folio e ó lado poñemos o número 3.

 

      Xa temos outra páxina para o noso conto con información de como é o

corpo do golfiño Martiño a través de debuxos e números.

 

                Saúdos. Ata mañá. Carmen.

VENRES 29 MAIO

       Bos días familias:

 

      Hoxe imos facer a páxina catro do conto.

 

     O golfiño Martiño sabe como vos dixen as vogais A, I e O...pero non sabe

a E nin a U porque non estudaron esas letras na escola do fondo do mar.

Pero nós sí as estudamos no noso cole...así que vós ídesllas ensinar…

 

     Nun folio ides escribir cinco letras E maiúsculas e cinco letras U para

ensinarllas a Martiño. Os maiores da vosa casa pódenvos axudar a escribir

as letras facéndoas con puntiños e vós repasades. Logo debuxade unha

cariña contenta porque Martiño está feliz de aprender as letras con vós.

 

    NOTA: Aproveito para dicirvos que este ano en setembro volve á Coruña

o festival Mar de Mares que incúe moitas veces actividades gratuitas para

familias relacionadas có mundo do mar e a oceanografía. Noutras edicións

ten habido a a visita intermareal en familia “En busca do tesouro” que tivo

lugar na Praia das Xubias(preto do noso barrio) e é moi interesante para

descubrir a vida na area das praias en familia e da man de investigadores/as

do Centro Oceanográfico da Coruña.

 

                Moitos saúdos. Carmen.

XOVES 28 MAIO

         Ola familias:

 

     Xa gtemos feita a primeira páxina do noso conto de golfiñosna que pon o

título O GOLFIÑO MARTIÑO onde decorastes as letras. Despois fixemos unha

segunda páxina con un debuxo do noso golfiño e o voso nome ó seu carón.

Hoxe imos facer a terceira páxina do conto.

 

- Os maiores teñen que copiar nun folio este poema e despois tédelo que

aprender de memoria para que cando o conto teña todas as súas follas o

saibades contar á vosa familia. Escribo o poema que xa o coñecen algo da

clase porque o recitamos en varias ocasións no cole:

 

Había unha escola

no fondo do mar,

onde os peixiños

ían estudiar,

o que máis escribe

é o calamar,

o que menos sabe

non sabe o A.

 

    Despois de que os maiores escriban este poema e o aprendades de

memoria, no mesmo folio onde tedes escrito o poema debuxades as le

tras que saba o golfiño Martiño. Voúvolas dicir : o golfiño Martiño sabe o A,

o I e o O porque están no seu nome e aprendeunas na escola do mar así

que esas son as que tedes que debuxar ó lado do poema e das outras dúas

vogais xa falaremos en vindeiros días e sucesivas páxinas do conto.

 

          Moitos bicos a tod@s e ata mañá ! Carmen.

Distribuir contido