Actividades globais

As tres erres no Sal Lence

O xoves 4 de Abril do 2024 inauguramos no patio do noso cole o MURAL DAS TRES ERRES (RRR): Con esta iniciativa comprometémonos co coidado do medioambiente: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. Temos contedores para clasificar o lixo e tamén un composteiro para despois empregar o refugallo orgánico na nosa HORTA ESCOLAR.

Horta Escolar: plantación 23/24

Hoxe, 13 de marzo, chegaron as plantas ao cole! Puxémonos mans á obra e xa as temos plantadas no nosa pequena horta.
Agora só queda coidalas con moito agarimo para tentar ter unha colleita que supere á do curso pasado.

Houbo sorrisos e ledicia acompañados deste día tan soleado.

Plantación 23/24

Día Internacional da Muller

A semana do luns 4 ao venres 8 de marzo e tamén a seguinte, celebraremos o Día Internacional da Muller; para iso faremos distintas actividades nas que aprenderemos a vida de mulleres influintes no mundo.

Haberá días que iremos ao teatro no cole e faremos de espectadores. Estade moi atentos!

 

                                                                      

Vídeo Nadal 2023

Aquí tedes o vídeo feito polos nosos alumnos en prácticas, Carlos e Martín, para desexar a toda a comunidade educativa do CEIP Sal Lence un moi Bo Nadal 2023!

Picade na imaxe para velo.

Nadal 2023

 

 

Horta Escolar

Este curso a nosa horta escolar cambiou moito.

Xa o curso pasado, grazas ao Concello de A Coruña, iníciamos os traballos nela. No anterior mes de xuño puidemos disfrutar dalgúns produtos.

A principios deste curso 22/23 visitounos Laura (HortaECOruña) que nos dou unha serie de propostas para levar a cabo na nosa horta, coa subvención do Concello de A Coruña e da Fundación Repsol puidemos levalas a cabo.
A empresa HortaECOruña adaptou moitas das xardineiras de pedra que tiñamos no patio para cultivo.

Esta semana comezamos a colleita dalgúns produtos (leitugas e rabañiños) e os degustaremos nas aulas durante a merenda. Van saír uns sándwichs deliciosos! por certo, os pequenos do cole xa probaron os amorodos e non houbo queixa.
Ah, moitas grazas a "Fidelio", o noso espantallo, que fixo moi boa labor.

Podedes picar na imaxe para ir á Galería de Fotos na que poderedes ver o moito que medrou a nosa horta, dende as primeiras fotos nas que se preparou o "terreo" ata as últimas nas que se ve moi ben o resultado. Agardamos que vos gusten.

Horta Escolar

8M - "Pintamos e moito"

Este ano polo Día Internacional das Mulleres (8 de maio) o alumnado de 5ºEP participou nunha actividade, promovida polo Concello de A Coruña, “Pintamos e moito”.

A actividade tiña os seguintes obxectivos :
 - Impulsar a igualdade de xénero dende a infancia e a adolescencia.
 - Facilitar a educación en igualdade, contribuíndo dende a administración local a desmontar roles e estereotipos de xénero.
 - Visualizar e dar valor á creación e produción artística e intelectual das mulleres en diferentes ámbitos (visual, literatura, xornalismo, cinema, ilustración...)

Aquí tedes unha foto do cartel coa montaxe de todo o proceso, se o queredes ver está colgado na parede dun dos descansos das escaleiras do centro.

 

 8M Pintamos e moito

II Mostra Postais de Nadal

A "ANPA Os Castros" do CEIP Sal Lence organizou a "II Mostra de Postais de Nadal". Picade na foto para acceder ao álbum. Lembrade que unha vez nel se picades na foto mediana poderedes vela a tamaño completo.

Moitas grazas a todo o alumnado que participou.

II Mostra Postais de Nadal

Distribuir contido